Primeiro de todo limpamos ben as mans e as mesas, logo observamos os ingredientes e escribimos as palabras, medimos e pesamos, para logo mezclalos. Despois as profes repartiron un anaquiño de masa a cadaquén para amasar cadanseu boliño. Puxemos o número da clase para identificalos e metémolos no forno 20 minutos. (Graciñas á AMPA que nolo prestou)
Comprobamos como ulía o pan ao sair do forno quentiño e xa só quedaba catalo: as profes repartiron unha proba e o boliño foi para casa.Foi unha experiencia realmente interesante e todos rematamos moi contentos.
Os de 4 anos A farán a actividades o vindeiro mércores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!