jueves, 24 de marzo de 2016

BOMBÓNS

Agora que pasou o Día do Pai podemos desvelar o segredo. Este foi o traballo que  tivo ocupados aos nen@s de 4 anos durante as últimas semanas do trimestre. Esperamos que os bombóns artesáns que fixeron fose do voso agrado porque realizalos foi moi gratificante.

Aprendemos que o chocolate é duro cando está en estado sólido.





Coa calor derrétese e ao pasar a líquido podemos darlle forma e decorar os bombóns.





Para asegurarse do resultado hai que probar..

 Despois toca esperar a que arrefríe e ... listo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!