domingo, 25 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Que artistas temos no Wences!!!

A pasada semana rematamos o trimestre celebrando o noso festival de Nadal onde todos e todas actuaron como verdadeiros artistas, non si?

Os peques de 3 anos cantaron e bailaron moi adornadiños a panxoliña "Árbol de Navidad", os de 4 anos cantaron acompañados polos compis de primaria "Las vocales", e os maiores de infantil apareceron no escenario en pixama "Agardando os regalos de Nadal".

Tamén, xa todos xuntos, interpretamos a canción que aprendimos en inglés, "Santa", e que ten moita marcha!!!

Aproveitouse o acto para facer a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do concurso de cabazas do Samaín. Esperamos que gustáranvos moito os agasaios!!!

Despois de tanta festa tocou repoñer forzas cunha merendola moi rica!!!



E con todo isto rematamos o ano... vémonos no 2017 coas pilas ben cargadas!!!


BO NADAL E FELIZ 2017!!

martes, 20 de diciembre de 2016

VISITA DE PAPÁ NOEL

Que nervios tiñamos hoxe no cole!!!

E non era para menos, alguén moi especial veu a vernos... Papá Noel!!

Todos entregámoslle as nosas cartas e contámoslle o bos e boas que fomos durante este ano, e quedou moi convencido!!





Ata pronto Papá Noel!!!

lunes, 19 de diciembre de 2016

NADAL

LEMBRAMOS QUE MAÑÁ MARTES ÁS 13 HORAS FAREMOS AS NOSAS ACTUACIÓNS PARA AS FAMILIAS. O ESPACIO É MOI REDUCIDO POLO QUE PEDIMOS QUE VEÑA SÓ 1 OU 2 MEMBROS POR ALUMNO/A.

TANTO MAÑÁ COMA PASADOMAÑÁ DEBERÁN TRAER A ROUPA OU COMPLEMENTOS QUE XA INDICAMOS.

LEMBRÁMOSVOS QUE A FESTA DA TARDE ESTÁ ORGANIZADA POLA ANPA, E NON TEN NADA QUE VER COAS NOSAS ACTUACIÓNS. 

O MÉRCORES  FAREMOS A FESTA DO NADAL NAS AULAS COA COMIDA PARA COMPARTIR.


MOITAS GRACIAS POLA COLABORACIÓN E FELICES FESTAS DE NOVO!





jueves, 15 de diciembre de 2016

DECORANDO NO NADAL

O Nadal está a piques de chegar e no cole xa temos todo preparado para recibir á festa coa ilusión que temos todos!

Nas aulas traballamos moito para poder decorar os rolos de papel que trouxéchedes ao cole e convertilos nestas árbores de Nadal tan chulos!!

Pero os nosos peques traballan moito, e ademais das preciosas árbores que adornan as entradas do cole, fixeron todas estas obras de arte!



Moi bonitos todos os traballos, verdade??

jueves, 8 de diciembre de 2016

FROITOS DE OUTONO

Durante dúas semanas os nenos e nenas de 3 anos degustaron diferentes froitos, algúns de eles por primeira vez. Tocaron, uliron e probaron. Despois fixemos un pequeno caderno onde cada un dixo se lle gustara ou non.
Estamos moi contentas porque salvo algunha excepción TODOS probaron as froitas.



FROITOS DE OUTONO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Pero tamén aprendemos que podemos beber froita. Fixemos zume de laranxa e limonada...cómo nos gustou!!!




miércoles, 7 de diciembre de 2016

BAGUETTE AVEC PÂTÉ ET FROMAGE



Os de 5 anos tomamos hoxe a comida de Francia: baguette, queixo e patés variados. Houbo para todos os gustos, o caso era alomenos probar.


Au revoir, France!

5 anos A

5 anos B



lunes, 5 de diciembre de 2016

EDUCASAÚDE

Xa levamos varias charlas con pais/nais e obradoiros con nenos/as  do máis interesantes.

O pasado venres os grupos de 3, 4 e 5 anos B tivemos a sesión "médica" na que nos falaron da importancia dunha correcta alimentación para ter uns dentes sans a través dunhas láminas e un conto "Un desayuno mágico". Estivemos moi atentos e participativos.