domingo, 25 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Que artistas temos no Wences!!!

A pasada semana rematamos o trimestre celebrando o noso festival de Nadal onde todos e todas actuaron como verdadeiros artistas, non si?

Os peques de 3 anos cantaron e bailaron moi adornadiños a panxoliña "Árbol de Navidad", os de 4 anos cantaron acompañados polos compis de primaria "Las vocales", e os maiores de infantil apareceron no escenario en pixama "Agardando os regalos de Nadal".

Tamén, xa todos xuntos, interpretamos a canción que aprendimos en inglés, "Santa", e que ten moita marcha!!!

Aproveitouse o acto para facer a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do concurso de cabazas do Samaín. Esperamos que gustáranvos moito os agasaios!!!

Despois de tanta festa tocou repoñer forzas cunha merendola moi rica!!!



E con todo isto rematamos o ano... vémonos no 2017 coas pilas ben cargadas!!!


BO NADAL E FELIZ 2017!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!