jueves, 23 de febrero de 2017

HENNA

Os de 5 fixemos esta mañá unhas pequenas tatuaxes na man con henna ao estilo dos que fan os habitantes da India. Estábamos emocionadísimos aínda que houbo quen non quixo probar, era voluntario.
Primeiro impregnamos a pel con esencia de eucalipto, depois pintamos coa hena e finalmente fixamos o debuxo con limón e azucre. Logo só quedaba esperar a que secara, pero eso si que foi difícil ....algún tocou antes de tempo. Agora temos unha cor tostada, lucirémos as tatuaxes mañá cos nosos disfraces e nuns días irá desaparecendo.






martes, 21 de febrero de 2017

OLLO CO PIOLLO

Unha vez máis avisamos da presenza de piollos na escola. Revisade as cabezas e tomade as medidas hixiénicas necesarias para erradicalos e non contaxiar.
Lembrade que é necesario desinfectar tamén gorros, peines, gomas do pelo, toallas, etc...

ENTROIDO 2017


O xoves os nenos/as poden vir disfrazados/as da casa coma queiran evitando accesorios e disfraces incómodos.


O venres faremos un desfile de entroido polas rúas próximas ao cole (en caso de chover faríase polo patio). Saliremos ás 12 e remataremos cara á hora de saída habitual. Antes faremos a parada na praza da estación para cantar ao noso entroido. Ao longo de todo o percorrido aos que nos acompañedes pedímosvos que vos manteñades á marxe da fila de nenos/as para non interromper a marcha.


Procurade que os nenos veñan abrigados sen necesidade de levar chaquetóns (con polar, sudadeira, xersei, ...) para poder poñer os disfraces por riba.

Os de 3 deben traer ropa oscura.
Os de 5 deben traer un foulard ou pashmina coma complemento.

Faremos a festa de entroido na aula degustando os produtos que teñan traído.

Esperamos desfrutar dunha xornada divertida e moi colorida amosando diferentes POBOS DO MUNDO desde o Wenceslao.

sábado, 18 de febrero de 2017

Máis sobre a China






Case preparados para nos convertir en chineses no desfile do Entroido, seguimos a coñecer a máis sobre a China: axudamos a facer o noso disfrace, lemos libros, vemos as súas paisaxes, escoitamos música e lendas... somos xa uns expert@s!

Pero como máis disfrutamos é degustando a súa comida: té, pan de gambas, arroz e tallarines.
Con palillos é moi difícil pero tod@s tratamos de usalos coma eles...

domingo, 12 de febrero de 2017

CHINA

En 3 anos estamos adentrándonos na cultura chinesa.
Coas aportacións que fixeron as familias temos uns rincóns onde atopamos diferentes artículos típicos da China.
Moitas grazas pola vosa colaboración!


Ao longo destas semanas iremos aprendendo sobre a súas costumes, comida, edificacións, inventos, etc.
 Polo de agora empezamos coa caligrafía e o té.

  



jueves, 9 de febrero de 2017

BOMBEIROS



Tanto os de 4 anos coma os de 5 visitamos estes días o parque de bombeiros da nosa cidade. Alí nos explicaron o seu trabalho, montamos nun dos seus camións, pasamos pola sá de control, visitamos o ximnasio, algún probou o traxe ... foi realmente interesante.









lunes, 6 de febrero de 2017

5 ANOS NA INDIA




Seguindo a nosa viaxe imaxinaria arredor do mundo pararemos na India neste mes de febreiro. Aprenderemos un montón de cousas e aproveitaremos o tema para elaborar os nosos disfraces. Este ano o tema elixido para o cole é o de PAÍSES DO MUNDO (o ano 2017 está adicado ao turismo), así que os de 5 iremos de hindús: faremos uns saris e dothis do máis chulos.

REMATAMOS EXIPTO







Os de 5 anos despedimos o mes de xaneiro xunto co tema de EXIPTO comendo cuscús. 
Levamos aprendidas un montón de cousas sobre desta cultura milenaria, feitas manualidades, traballos, mirado libros, visto videos, cantado e bailado cancións, ...
Moitísimas gracias ás familias pola súa colaboración e aportacións varias!

jueves, 2 de febrero de 2017

PUNTUALIDADE

Ante o reiterado incumprimento das normas do centro por parte de algunhas familias, o centro veuse na obriga de enviar unha circular informativa que conta cun resgardo que debe devolverse asinado para asegurar a recepción da mesma en todos os fogares,

A partires do luns as portas do centro pecharán ás 9:10h e non se abrirá a porta principal ata o cambio de clase ás 9:50h  (agás casos excepcionais debidamente xustificados e notificados aos titores).
A falta de puntualidade e o tránsito de familiares que chegan ata as propias aulas ao longo da xornada escolar interrompen o normal desenvolvemento das clases, e  por iso pregamos a vosa colaboración no cumprimento e respeto do horario lectivo.


miércoles, 1 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ

Ademais do noso mercadillo, co gallo da conmemoración do día internacional da paz e a non violencia todas as aulas traballamos o tema con contos, asambleas e diversas manualidades.
3 anos


3 anos

3 anos
4 anos


4 anos


5 anos
Tamén xunto co resto dos compañeiros de primaria construimos un "muro": cada aula decorou libremente unha caixa a modo de gran pedra. Todas xuntas están na entrada do cole amosando a nosa unión pola paz.
Muro do cole