O xoves os nenos/as poden vir disfrazados/as da casa coma queiran evitando accesorios e disfraces incómodos.
O venres faremos un desfile de entroido polas rúas próximas ao cole (en caso de chover faríase polo patio). Saliremos ás 12 e remataremos cara á hora de saída habitual. Antes faremos a parada na praza da estación para cantar ao noso entroido. Ao longo de todo o percorrido aos que nos acompañedes pedímosvos que vos manteñades á marxe da fila de nenos/as para non interromper a marcha.
Procurade que os nenos veñan abrigados sen necesidade de levar chaquetóns (con polar, sudadeira, xersei, ...) para poder poñer os disfraces por riba.
Os de 3 deben traer ropa oscura.
Os de 5 deben traer un foulard ou pashmina coma complemento.
Faremos a festa de entroido na aula degustando os produtos que teñan traído.
Esperamos desfrutar dunha xornada divertida e moi colorida amosando diferentes POBOS DO MUNDO desde o Wenceslao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!