martes, 20 de junio de 2017

SAÍDA NO TREN

Mañá esperamos desfrutar dunha xornada diferente e moi divertida en Betanzos.
Será toda unha aventura ir no tren ata aló xa que moitos de nós nunca tiñamos montado antes nun.
Na estación baixaremos para ir tomar a merenda e facer uns xogos nun pequeno parque que hai alí ao carón da propia parada e voltaremos de novo cara á Coruña.

IMPORTANTE TER EN CONTA:
  • Botarlle crema solar na casa antes de vir ao cole.
  • Que traian unha mochila pequena que se poda poñer na espalda.
  • Que leven cadansúa botella de auga porque han ter sede.
  • Todos con gorra (se a teñen na clase xa levarán esa).
  • Pouca cantidade de comida (a que toman habitualmente).
  • Calzado cómodo e roupa fresca.
Se vides vernos marchar procurade non interromper o ritmo das filas, son moitos neno/as e non queremos máis nervios dos que xa teñen asociados á excursión e ao final do curso, graciñas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!