miércoles, 29 de noviembre de 2017

LIVE CINEMA

Os nenos e nenas de 4 anos B iremos o vindeiro venres 1 de decembro á Fundación Luis Seoane para participar nun Live Cinema, evento performativo que é o resultado do traballo artístico que a nosa clase, xunto con outros centros da cidade, desenvolvimos durante o mes de outubro.
A actividade está aberta ás familias, dará comezo ás 10h e terá unha duración máxima de hora e media. A nosa saída en bus será ás 9:30h.

Imos a contar un conto!!

Por petición popular aquí tedes a canción que cantamos na clase das Xirafiñas antes de contar os contos.

Esperamos que gocedes con ela en familia!!


Decoración de Nadal


viernes, 24 de noviembre de 2017

Sopramos veliñas en 3 anos!!

Este mes de novembro está a piques de rematar e nas clases dos peques o rematamos coas festas de cumple, neste caso Ana dos cabaliños e Chloe das xirafiñas. Como vedes o pasamos pipa nas festas, comimos larpeiradas na merenda, cantamos, sopramos as tres veliñas e bailamos, bailamos moito!!




Parabéns para estas dúas pequerrechas e moitas grazas as familias pola vosa colaboración!!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

OS DE 5 ...TOD@S PANADEIR@S

Hai uns días Maite, nai de Mauro de 5 B, explicounos aos de 5 o seu traballo coma vendedora de pan e explicounos todo o proceso de creación: dende plantar a semente do trigo ata comer o pan na casa. Contounos un conto e deixounos agasallos para todos, un deles moi saboroso.

A nós encántanos experimentar, e non hai mellor forma de aprender que manipulando e facendo as cousas, así que aló imos: faremos pan no cole!

5 anos A

5 anos B

martes, 21 de noviembre de 2017

EQUIPO DA NATUREZA

O pasado venres a profe Ángeles fixo unha visita polas aulas de infantil para explicarnos que os que queiramos poderemos participar nun equipo de natureza que se encargará de concienciarnos un pouco máis no seu coidado.
Xa para comezar deixounos uns bulbos que plantaremos e coidaremos na aula para ver como é o proceso do seu nacemento e crecemento.
Xa vos iremos informando ...



miércoles, 15 de noviembre de 2017

O MOUCHO LAROUCHO

Os de 5 tiñamos moitas ganas de irlles cantar aos nosos compis de infantil máis pequenos a canción que aprendemos este samaín sobre o animal que nos tocou: o moucho.
Aplaudir aplaudiron ....así que lles debeu gustar!
4 anos A

4 anos B

3 anos A

3 anos B

viernes, 10 de noviembre de 2017

XA PARA REMATAR AS PROFESIÓNS, ...AGORA SI!

A nai de Laia, Bea, ensinounos como poñer unha mesa correctamente xa que traballa coma camareira. Así que agora xa non temos excusa para non facelo na casa!!


jueves, 9 de noviembre de 2017

Celebramos os 3 anos de...

Nestes meses de andaina no cole foron varios os peques que cumpriron anos, e nas nosas clases o celebramos cunha festa ao rematar o mes.

Púxemonos coma "pepes" coas merendolas que as familias trouxéchedes para a ocasión!!



Moitos parabéns para Maia, Rubén, Yoel, Mustafa, Mateo R., Noel, Teo C., Teo J., Antía, Hugo e Carlos!!

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!

miércoles, 8 de noviembre de 2017

MÚSICA EN 4 ANOS

Esta semana tivemos unha clase de música moi especial. Catro nenos de primaria viñeron interpretar unha peza musical. Poidemos ver de cerca unha viola, un clarinete, unha trompeta e unha flauta.

Aprendemos dos materiais dos que están feitos, as familia á que pertencen, os sons que producen...

Moitas grazas a Alicia, Arola, Ángela e Carlos.


martes, 7 de noviembre de 2017

PROTÉSICO DENTAL E ENXEÑEIRO



Hoxe tivemos dobre visita xa que os pais de Juan animáronse os dous a vir contar os seus traballos, así que escoitamos moi atentos o que Lucía e Rubén nos dixeron. Poidemos mesmo tocar pezas dentais recén feitas e comprobamos a importancia de facer ben as construccións coma unha ponte ou unha presa... todo moi interesante!





viernes, 3 de noviembre de 2017

Celebramos o Samaín

Levamos xa uns días traballando no cole para celebrar a festa do Samaín con arañas, morcegos, mouchos, momias e demais seres terroríficos.

O cole encheuse coas cabazas que todos os compis fixeron nas casas e todos o pasamos moi ben descubrindo as obras de arte que tiñamos polo centro!

O traballo dos peques de 3 anos:



Os compis de 4 anos:

  


Os maiores de 5 anos:


A festa do Magosto

Outro ano máis o cole cheira a fume... chegou o Magosto!!!

Pasamos unha mañana moi animada xogando a moitos xogos que tiñamos preparados, o sapo, lagarto amarelo, lagarto verde, os morcegos, as serpes...

Despois tocou repoñer forzas coas riquísimas castañas que os profes asaron no patio.





Moitas grazas a todos pola vosa colaboración na festa!!

AVISO ESCARLATINA

Hoxe recibimos aviso de que  hai nenos con escarlatina en infantil.. Como sabedes é bastante contaxiosa así que é probable que ao longo destes días aparezan máis casos.

jueves, 2 de noviembre de 2017

Novas mascotas en 3 anos

Pouco a pouco os peques do cole imos adquirindo rutinas e hábitos cos que ir dominando as dinámicas da aula e que permítennos facer moitas actividades grupais.

Nestes días fixemos unha elección moi importante como grupo, decidir cal vai ser a nosa mascota de aula para os próximos 3 anos!!

Apareceron moitas ideas, as apuntamos todas e logo votamos democráticamente. A que máis votos recibiu foi a elexida, e todos o entenderon moi ben! Aínda que algún pregunta "cando vai tocar ser trenes...?"😅

Aquí podedes ver como foron as votacións:



Como xa podedes comprobar os nenos e nenas de 3 anos A serán a clase dos Cabaliños y os de 3 anos B a clase das Xirafiñas!!

Nos próximos días comenzaremos un pequeno proxecto de investigación sobre a nosa mascota así que pedimos a vosa colaboración para traer ao cole todo tipo de material para investigar sobre os cabalos e as xirafas: contos, libros, xogos, videos, cancións, información...



Non esquencemos que estamos de cheo na estación de outono, así que tamén o traballaremos nas aulas. Os peques poden traer follas, froitos, fotos... para encher o noso recuncho de Outono.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!