Pouco a pouco os peques do cole imos adquirindo rutinas e hábitos cos que ir dominando as dinámicas da aula e que permítennos facer moitas actividades grupais.
Nestes días fixemos unha elección moi importante como grupo, decidir cal vai ser a nosa mascota de aula para os próximos 3 anos!!
Apareceron moitas ideas, as apuntamos todas e logo votamos democráticamente. A que máis votos recibiu foi a elexida, e todos o entenderon moi ben! Aínda que algún pregunta "cando vai tocar ser trenes...?"😅
Aquí podedes ver como foron as votacións:
Como xa podedes comprobar os nenos e nenas de 3 anos A serán a clase dos Cabaliños y os de 3 anos B a clase das Xirafiñas!!
Nos próximos días comenzaremos un pequeno proxecto de investigación sobre a nosa mascota así que pedimos a vosa colaboración para traer ao cole todo tipo de material para investigar sobre os cabalos e as xirafas: contos, libros, xogos, videos, cancións, información...
Non esquencemos que estamos de cheo na estación de outono, así que tamén o traballaremos nas aulas. Os peques poden traer follas, froitos, fotos... para encher o noso recuncho de Outono.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Muchas gracias por las fotos porque Alfonso no cuenta nada,y menudo chulito está hecho todo remangado....����
ResponderEliminarMoi boa iniciativa eu son a tita de Alfonso e si vos apetece ofrezcome a ir contarlles un conto, teria que ser mais adiante xq non vivo en Coruña e iria acompañada da miña prima que esta en plenos examenes.Un saudo.
ResponderEliminar