Estimadas familias:
Estamos a prepararar a celebración do Entroido. Este ano a temática é a
PINTURA, e os nenos de Educación Infantil imos ir de
PINTORES.
Precisamos a vosa colaboración para que traían unha
camisa/camiseta branca vosa (pai, nai, irmán) para que lle quede ampla xa que eles levarán a súa roupa debaixo.
Por favor, traédea ao centro canto antes para que poidamos decorala (pegarémoslle unhas manchas de cores con aironfix que logo se poden quitar e non estropean a roupa). Poñedelle tamén o nome do neno/a (na etiqueta, por exemplo).
Probablemente, se o tempo o permite, o día
9 de febreiro faremos o desfile polo barrio como en anos anteriores e deberán vir ben abrigados (non levarán cazadoras no desfile). O día do desfile deberán vir vestidos con vaqueiros de cor escura.
Imos pintarlles a cara, se hai algunha alerxia ou non queredes que os pintemos, pregámosvos que nos avisedes.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo
As mestras de Infantil