domingo, 14 de enero de 2018

Agasallos de Nadal

Xa estamos de novo no cole!
Aínda que todos gozamos moito nestas vacacións xa tiñamos ganas de vernos, de contarnos moitas historias e de xogar de novo xuntos.
A semana no cole empezou con sorpresa porque os Reis Magos non esqueceron aos peques do Wences e deixaron a pé da nosa árbore cheíña de agasaios!!
Antes de saír ao patio xuntámonos todos para poder descobrir que había nos misteriosos paquetes: puzles, ropiña para os bébés e unha "cousa" pequena e un pouco rara que logo veu a presentarse polas aulas:

 

Este era o misterioso agasaio: Escornabot!!
Nalgunhas clases tiñamos algunha idea de por onde podía ir a cousa: un robot, un perrobot... Entre todos fomos investigando como funcionaba o novo amigo e, de seguro sacarémoslle moito proveito!!




Moitas grazas Reis Magos!!!


1 comentario:

  1. Escornabot!!!! Nos encanta que empiecen ya con la robótica,por supuesto Alfonso no nos a contado nada de nada así que esperamos más entradas sobre el para ver cómo avanzan,muchas gracias profes!!!!

    ResponderEliminar

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!