lunes, 30 de abril de 2018

VEXO, VEXO: A LAGOA DE EIRÍS

Os de 5 saímos o pasado venres ata a lagoa de Eirís onde desfrutamos do parque dun xeito moi distinto a como facemos habitualmente.
Observamos, ulimos, tocamos, escoitamos, ... unha morea de sensacións ao longo dun percorrido que rematou na propia lagoa. Fixemos paradas onde árbores, herbas, paxaros e outros animais para aprender cousas novas. Ao final fixemos un "xuramento" para facernos defensores da natureza e do medio a prol dun mellor planeta no que vivir.








CONTOS CON MIMO: A NAI DE DANIELA DE 4 ANOS B





Os nenos e nenas de 4 anos tivemos unha nova sesión de contos con mimo. Esta vez foi María, a  nai de Daniela de 4 anos B quen veu contar uns contos de dinosaurios. O primeiro foi dos Bolechas e o segundo sobre un dinosaurio que sae do conto e termina sendo un problema para o seu dono.





Foi unha visita moi estpecial porque tamén nos acompañou Hugo, o irmá pequeno de Daniela, que se portou moi ben. 

Estivo tan atento coma todos nós!
Moitas grazas!

viernes, 27 de abril de 2018

O CUMPLE DE ABRIL: ANTÓN SANTOS

O mes de Abril remata e celebramos o cumple de Antón Santos, o único homenaxeado deste mes.

Na clase das Xirafiñas puxémonos como "pepes" coa tarta que a súa familia preparou para compartir cos compis, e profes, na festa do seu cumple!




Como vedes estaba encantando coa súa corona!!

jueves, 26 de abril de 2018

COMEZAMOS O NOSO MAR DE PLÁSTICO

Xa estamos mergullados de cabeza no noso "Mar de plástico"!!

Tal e como explicabamos hai unhas semanas, trátase dun proxecto en colaboración coa Fundación Luis Seoane e a Universidade de A Coruña no que elaboraremos distinto tipo de estructuras hinchables a partires de bolsas de plástico.



O pasado venres pola tarde as profes comenzaron cos obradoiros que hoxe continuaron nas aulas, axudados polos estudantes do Grao de Maxisterio.



Hoxe comezamos a clasificación por tamaños e animámonos cos primeiros cortes pero aínda
queda mooooito traballo por facer, pero xa rematamos coas bolsas que tiñamos no cole, así que non deixedes de traer todas as que atopedes. Canto máis grande mellor!!


CONTACONTOS

Todos os nenos e nenas de infantil desfrutamos o pasado martes do conto "Axente Riciños" que veu contarnos Iago, da Editorial Anaya.

Participamos con entusiasmo e estivemos moi atentos a todo o que lle pasaba a esta nena protagonista que mesturaba na súa historia personaxes de diversos contos tradicionais ... non está de máis darlles unha volta, non si?





VEXO, VEXO

Os de 5 tivemos hoxe sendos obradoiros para traballar o que imos ver o vindeiro venres na saída que temos prevista á lagoa de Eirís.
A través do conto de Iris e o seu pai visitando a propia lagoa, poidemos aprender o nome de varias especies de animais que poderemos ver alí: dende bolboretas ata parrulos, e moitas curiosidades, sabiades que non debemos botar pan aos parrulos? .... preguntade aos voso/as neno/as a razón.




miércoles, 25 de abril de 2018

CABALIÑOS E XIRAFIÑAS NO MAC

A pasada semana os peques do cole fixemos a nosa primeira saída e visitamos o Museo de Arte Contemporaneo.

Nas clases xa levamos un tempo falando sobre a arte, xa que o proxecto anual do centro trata sobre a pintura, e máis ou menos tiñamos claro que a arte era algo relacionado cos cadros.

Estabamos moi nerviosos e impacientes porque chegara o día que tiñamos sinalado no calendario, e cada día víamos un video que mandábannos dende o museo ata que por fin chegou o momento!!

Empezamos a aventura ao grande, polo bus, que para algún foi a mellor parte da excursión.

Xa no MAC recibiunos Carmen, a nosa guía, que da man de Cornelio e Cornelia, os seus fillos, foi insinándonos todas as instalaciones do museo e a varios compañeiros dela que arranxaban as trastadas de Cornelio e Cornelia.

O pasamos en grande e aprendimos moito!!

MAC 3 anos 18 on PhotoPeach

martes, 24 de abril de 2018

CONTOS CON MIMO: A NAI DE SARA DE 4 ANOS A

Onte contamos coa colaboración da nai de Sara para contarnos dous contos.
O primeiro contábanos a historia dunha nena que quere ser serea. Na súa aventura dase de conta de que a xente está contaminando tanto o mar que as sereas están desaparecendo.

O segundo conto foi Os tres porquiños, que segue sendo un dos favoritos  en tódolos cursos.
Moitas grazas Carol!

sábado, 21 de abril de 2018

CONTOS CON MIMO: A NAI DE UXÍA


Unha nova sesión de contos con mimo para os de 5. Desta volta tivo que ser na aula xa que a biblioteca estaba ocupada, pero desfrutámolo igualmente.

Ana, nai de Uxía de 5B, contounos "Como cuidar a tu abuela" unha historia moi divertida que nos fixo rir e tamén  pensar moito nas nosas  propias avoas.


Graciñas Ana!



viernes, 20 de abril de 2018

CONTOS CON MIMO: A NAI DE CARLOS

Onte tivemos visita de novo na clase das Xirafiñas, Susana, a mamá de Carlos veu a contarnos o " El Monstruo de colores".

É un conto moi coñecido pero que aos peques encántalles e estivemos axudando a contalo, xogando a poñer caras segundo as emocións... O pasamos moi ben!!



Moitas grazas pola visita!!

RUTAS URBANAS: MARÍA PITA

Os nen@s de 4 anos visitamos María Pita, alí uns monitores estaban esperando a nosa chegada cun cofre e unha carta que nos desvelaba diversos momentos da historia da cidade.
Coñecimos a historia de Hércules e Xerión, os ataques do pirata Drake e a relevancia de María Pita na batalla contra os ingleses.
Houbo momentos para observar, tocar, escoitar, correr ...e mesmo recrear a loita dos coruñeses contra os ingleses!
Foi unha visita moi interesante, sobre todo para un dos grupos que contou coa presenza inesperada do alcalde...
 












martes, 17 de abril de 2018

CONTOS CON MIMO: O PAI DE CARME DE 4 ANOS A

Este luns o pai de Carme comparteu un anaquiño do seu tempo para vir ao cole e contarnos dous contos.

O primeiro foi Os sete cabritillos e o lobo, relatounos a versión que de pequeno lle contaba a súa nai así que sentímosnos moi importantes por compartilo con nós.
O segundo foi Dumbo.  Como os contos eran coñecidos por algúns dos nen@s estiveron moi pendentes de que non se esquecera nada da historia...
Unha vez mais, moitas grazas!

sábado, 14 de abril de 2018

CONTOS CON MIMO: NAIS DE LAIA E CANDELA

O pasado venres os de 5 desfrutamos doutra sesión dobre de contacontos.


Bea, nai de Laia de 5 B, contounos "A horta de Simón" que cultivaba moitas hortalizas e verduras e máis "Amigos", unha historia moi tenra de dous amigos que se reencontran despois de moitos anos separados.




















Despois Mónica, nai de Candela tamén de 5 B, contounos un conto dunha xirafiña que tivo un irmanciño un tanto peculiar. Ao primeiro os amigos non querían xogar con el, pero logo decatáronse do ben que o poderían pasar todos xuntos, e así remataron a historia todos metidos nun bambán.











Graciñas ás dúas!

jueves, 12 de abril de 2018

VIAXANDO AO PASADO


Os de 5 estamos a traballar unha unidade sobre o futuro e, por comparación, tamén sobre o pasado. Por iso temos unha exposición de obxectos antigos na entrada do cole con unha morea de cousas, moitas delas non sabemos nin que son nin para que se utilizaban pero estamos a coñecelas. Cousas dos avós e bisavós: radios, planchas, chaves,  moedas, fotos... todas de hai anos ou moitos anos. 

Gracias ás familias pola colaboración!









MESA DE LUZ

Ainda que a primavera estase a retrasar, nós estamos experimentando nas aulas coa luz e as cores.

Na mesa de luz manipulamos texturas, cores e obxectos. Trátase sobre todo de fomentar a creatividade dun xeito cooperativo e lúdico.
Da gusto velos tan concentrados!







E case sen decatarnos somos quen de imitar a algún pintor famoso...