Todo o noso alumnado de infantil participará nun proxecto artístico que leva por título MAR DE PLÁSTICO e que está organizado pola Fundación Luis Seoane e a Universidade de A Coruña.
A acción artísitca consistirá na realización de esculturas con bolsas de plástico por parte dos nenos e nenas, en colaboración con estudantes do Grao de infantil da Facultade de Educación e as mestras/es implicados. A principal finalidade deste proxecto é entender o problema ambiental da xeración de residuos e transformalo en proceso artístico.
Chegou o momento de traer ao cole todas as bolsas de plástico que se acumulan na casa para despois utilizalas nas nosas esculturas.
Non importa cor ou tamaño, reciclarémolas todas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!