viernes, 30 de noviembre de 2018

CONTOS NA LAREIRA


Xa temos o noso currunchiño da biblioteca listo para que vos animedes vir contar algo: conto, historia, lenda, ...o que queirades! 

Sexa o que sexa estaremos encantados/as de escoitarvos.







Sería xenial que algún avó ou avoa viñera contar algo de tempos pasados.

A que vos apetece? Pois falade coas titoras e facemos sitio. 




Graciñas de antemán pola vosa colaboración!

CAMPÁS DE NADAL

Unha das actividades propostas polo equipo de extraescolares é a decoración na casa de unha campá para ornamentar o cole nestas datas. Xuntarémolas todas e ambientarán os corredores e entradas ata o nadal.
Hoxe levaron o modelo e agardamos que axiña veñan cheas de cores.
É unha actividade para que fagades cos vosos fillos e fillas e a desfrutedes en familia, non ten tanta importancia o resultado final.

Graciñas familias!

OS ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Remata o mes de novembro e dúas pequerruchas xa teñen 4 anos: Ana e Chloe!!

O pasamos moi ben e puxémonos coma pepes coa merendola!!

Moitas grazas familias por axudarnos a montar esta festa no cole e parabéns pequerrechas!!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

PRENSIÓN

A prensión dos diversos útiles de traballo na aula (pintura, rotulador, lápiz, punzón, ...) é fundamental para realizar correctamente as diversas grafías e inflúe directamente no proceso lectoescritor.

É un procedemento que depende da maduración do neno/a.

Ás veces de xeito natural a prensión é correcta, pero outras moitas débese mellorar. Para iso realizamos moitas das actividades da aula: xogos collendo obxectos con pinzas, collendo cos dedos índice e polgar; "ximnasia" de dedos; "huellas"cos dedos; modelado con plastilina, papel, ...; pegar gomets; usar diferentes instrumentos; ...

Ademais é importante fortalecer os músculos da espalda e do brazo. O traballo na escaleira de braquiación, entre outros recursos, favorece o seu fortalecemento.

martes, 20 de noviembre de 2018

SE PAN DE MILLO VAS MERENDAR...

Nas clases dos Cabaliños e as Xirafiñas estamos aprendendo moito sobre un froito de outono menos coñecido: o millo.

Da man do profe Pablo e a profe Mary, que como sabedes están facendo as súas prácticas connosco, coñecemos todo o proceso que hai detrás deste cereal.

Así que puxémonos mans a obra para esfollar, debullar, peneirar... faltounos moelo pero aos profes non lles cabía máis material na mochila!😝




E ata convertémonos en cociñeiros para facer flocos de millo e pan de millo!!


  

Agora temos claro todo o proceso, sabemos moito vocabulario novo, e ata aprendemos unha canción do grupo Migallas que serviunos de guión para este traballo:

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e nenas.

Empezamos a xornada vendo un video sobre o documental "Camino a la escuela" e reflexionando sobre o tema.



Tamén observamos varias viñetas de Francesco Tonucci, quen explicou os Dereitos fundamentais dos nenos e nenas a través dos seus debuxos.



Logo tocou falar de dereitos e tamén de engadir algún que creíamos que podía faltar...



Tedes o noso traballo de hoxe no patio de entrada para que poidades recordar connoco os dereitos dos nenos e nenas, e tamén para que poidades engadir algún máis!!



Os profes engadimos...

  "DEREITO A SOÑAR"

Moitas grazas aos nosos alumnos de prácticas por preparar este traballo tan chulo!!

AULA DA NATUREZA

Coma todos os anos os nosos compis de primaria, dende o equipo de natureza, propoñen actividades interesantes para que todo o cole as realicemos na medida das nosas posibilidade

Temos nas aulas diversas herbas aromáticas (lavanda, romero, ...) que debemos macerar en aceite puro de oliva para obter unha serie de aceites aromáticos para diferentes usos.


EDUCANDO EN IGUALDADE

Un dos temas que traballamos nas aulas é o da igualdade
Concretamente a igualdade de xénero cobra moita importancia nestas idades temperás xa que é cando os rapaces toman conciencia da súa propia identidade e da dos demais. 
Tentamos que a linguaxe, os xogos e xoguetes, o tratamento cara aos nenos e nenas sexa non sexista educando en igualdade. Tamén facemos moitas actividades de concienciación e aprendizaxe.
Dous dos alumnos que temos en prácticas en infantil están a desenvolver actividades nesta liña de traballo, parécenos interesante compartilo:
3 anos B con Laura
5 anos B con Sergio

domingo, 18 de noviembre de 2018

MÁIS ACTIVIDADES DE OUTONO

Aproveitando a outono, nas aulas de 3 anos, fixemos actividades moi variadas: pintamos setas, fixemos uvas usando plastilina,fixemos  animais con follas, estampamos...

Xa que tiñamos cabazas en clase aproveitamos para traballar á artista xaponesa YAYOI KUSAMA.
Aquí podedes ver o resultado.