sábado, 3 de noviembre de 2018

UN MAGOSTO MOI MARCHOSO

O pasado venres celebramos no cole a festa do Magosto.

Dende primeira hora todo o cole refendía a fume que ía abrindo as ganas de castañas asadas de todos os que o ulían!

Foi unha xornada con moita marcha poque depois de comer as castañas que o "Equipo castañeiro" fixo con moito cariño, xogamos no patio e pintámonos a cara, fomos a biblioteca para escoitar os contos, cancións, adiviñas... que aprendimos nas aulas, e quentamos motores a ritmo de rap!!

Logo, con todos os compañeiros do cole, bailamos no patio unha muñeira!!

Como vedes, non paramos un minuto e o pasamos moi ben!






Ata o próximo Magosto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!