domingo, 27 de enero de 2019

CONTOS NA LAREIRA: PACO Y EL ROCK


O pasado venres os de 3 anos desfrutamos o conto que nos veu contar Brais, pai de Xoel de 3 anos A.

Ademais de escoitar moi atentos "Paco y el rock" repasamos o nome de moitos instrumentos que Xoel tocou para nós. Ao remate algún se animou a imitalo.





Pasámolo pipa! Moitas gracias Brais e Xoel!!!


sábado, 26 de enero de 2019

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

A piques de rematar o mes toca celebrar os cumples dos Cabaliños e Xirafiñas mais maiores!!

Carla, Manuel, Leyre e Iago xa teñen 5 anos!!

Coa colaboración das familias fixemos unha merendola no cole e cantamos, bailamos, e celebramos xuntos unha festa para soprar xuntos a vela do cumple.



Parabéns pequerrechos!!

martes, 22 de enero de 2019

MINDFULNESS: O BOTE DA CALMA

No cole, ademais de aprender moitas letras, números ou cores aprendemos a percibir os nosos sentimentos, emocións, controlar os nosos impulsos...

Nas aulas, despois do patio, facemos o momento da relaxación, voltando pouco a pouco a calma...

Practicamos unha respiración consciente, poñendo toda a nosa atención en cada inspiración e cada expiración, e deste xeito pouquiño a pouquiño e con moita práctica esta pequena meditación axúdanos a calmarnos.

Tamén aprendemos que podemos recurrir a este truco cando estamos enfadados ou nerviosos, e para exemplificar o que pasa no noso corpo e na nosa mente cando estamos enfadados, axitados, nerviosos... creamos e presentamos nas clases o bote da calma.



Neste vídeo os peques das Xirafiñas explican como se sinten cando se enfadan. Fixádevos que din cousas moi parecidas aos rapaces e rapazas que podedes ver no seguinte video (que non vimos na aula), no que se explica algunha técnica de mindfulness para traballar o control das nosas emocións.





 

Podedes facer o voso propio bote da calma, o noso únicamente ten agua e purpurina pero podedes engadirlle outros obxectos pequenos ou algo pegamento líquido na mezcla para ralentizar o movemento.

Animádevos a practicar na casa e compartir con nós os resultados!

INFORMÁTICA EN 3 ANOS

Á volta do nadal os de 3 anos estamos a comezar coas nosas clases na aula de informática do edificio de primaria. Imos unha vez cada 15 días (media clase de cada vez), xoves os de A e martes os de B.

Estamos a familiarizarnos e practicar co uso do rato e axeitándonos a poñer e usar os auriculares. Polo de agora a moitos nos resulta un poco complicado ... pero iremos mellorando!

"LA SOPA DE CAROLA"

Durante estes días estivemos lendo nas clases o conto "La sopa de Carola", o coñecedes?


Trátase dunha fantástica cociñeira que garda un segredo: un sabio que vive nunha cova e que lle da todos os trucos de cociña. Sabedes como se chama o sabio? O sabio Eco!!

Despois de contar o conto, que é moi divertido, falamos sobre quen estaba escondido dentro da cova e, tras darlle unhas cantas voltas, chegamos a conclusión de que na cova non había ninguén sino que quen contestaba a Carola era o eco da súa voz.

Como vedes un conto perfecto para o noso proxecto sobre o son!

No cole non atopamos ningún recuncho no que poidamos escoitar o eco, pero os peques falaban de varios sitios nos que eles tamén xogaban co eco, como Carola.
Podedes grabalos  xogando co eco e mandarnos o video a eiwenceslao@gmail.com? (no asunto podedes especificar a clase)

De seguro o pasaremos moi ben vendo os compis e aprenderemos moito!!

Moitas grazas por axudarnos na investigación!!!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2019

O periodo de presentación de solicitude de admisión nos centros para o próximo curso 2019/20 está preto e para ter unha mellor información sobre o centro que escoller animámosvos a visitar o cole.

As xornadas de portas abertas serán os luns 25 de febreiro e luns 11 de marzo ás 16.30 horas.

Esperámosvos!!!

viernes, 11 de enero de 2019

OLLO PIOLLO!!

Parece que o frío non asusta a os piollos porque volven ao cole despois das vacacións...

Lembrámosvos que unha vez detectados piollos é necesario:

  •  Aplicar un tratamento axeitado. 
  • PEINAR A DIARIO DURANTE UN PAR DE SEMANAS CON UNHA LENDRERA porque  soen quedas ovos que eclosionan días despois do tratamento. 
  • Lavar a temperatura alta roupa de cama, toallas, gomas do pelo, lazos, gorros, etc porque do contrario poden telos de novo ou pasalos  a outros membros da familia. 
  •  O piollo non sobrevive máis de 48h fora do cabelo, así que se metemos en bolsas herméticamete cerradas calquera obxecto susceptible de ter piollos, morrerán nese período de tempo. 
Pregamos que revisedes habitualmente as cabezas dos nen@s para evitar contaxios.



jueves, 10 de enero de 2019

ARRIBA O TELÓN!!

Sabemos que estades esperando este estreno con moito interese así que con todos vos... O NOSO FESTIVAL DE NADAL!!




Esperamos que o disfrutedes moito, tanto coma nós preparándoo e actuando para vos e os nosos compis.

martes, 8 de enero de 2019

E OS REIS VIÑERON O COLE

Os Reis Magos tamén viñeron ó colexio e deixaron unha morea de agasallos ao pé  da nosa árbore de Nadal. A todos nos fixo moita ilusión, nenos, nenas e profes e pasámolo en grande abrindo os paquetes.
No recreo xa estreamos os BILIBOS experimentando con eles diferentes utilidades.