No cole, ademais de aprender moitas letras, números ou cores aprendemos a percibir os nosos sentimentos, emocións, controlar os nosos impulsos...
Nas aulas, despois do patio, facemos o momento da relaxación, voltando pouco a pouco a calma...
Practicamos unha respiración consciente, poñendo toda a nosa atención en cada inspiración e cada expiración, e deste xeito pouquiño a pouquiño e con moita práctica esta pequena meditación axúdanos a calmarnos.
Tamén aprendemos que podemos recurrir a este truco cando estamos enfadados ou nerviosos, e para exemplificar o que pasa no noso corpo e na nosa mente cando estamos enfadados, axitados, nerviosos... creamos e presentamos nas clases o bote da calma.
Neste vídeo os peques das Xirafiñas explican como se sinten cando se enfadan. Fixádevos que din cousas moi parecidas aos rapaces e rapazas que podedes ver no seguinte video (que non vimos na aula), no que se explica algunha técnica de mindfulness para traballar o control das nosas emocións.
Podedes facer o voso propio bote da calma, o noso únicamente ten agua e purpurina pero podedes engadirlle outros obxectos pequenos ou algo pegamento líquido na mezcla para ralentizar o movemento.
Animádevos a practicar na casa e compartir con nós os resultados!
Que genial Ana!! :) gracias
ResponderEliminarObservo atentamente os seus xestos e palabras sobre o que sienten;e a escoita atenta da profe Ana, deixando que flúan esas emocións , parte fundamental na súa formación como persoas. Gracias por compartir esto coas familias. !Emocionante!
ResponderEliminarSilvia, avoa de Antón Pena.