Remata o mes de marzo e nas clases de 4 anos celebramos os aniversarios de Miguel e Ainhoa.
Parabéns pequerrechos!
viernes, 29 de marzo de 2019
jueves, 28 de marzo de 2019
RUTAS URBANAS: MARÍA PITA
O pasado luns as nenas e nenos de 4 anos saímos de excursión para descubrir os segredos da praza de María Pita.
Alí atopámonos cunha carta de Sir Francis Drake, quen explicábanos como os coruñeses, dirixidos por María Pita, venceron ás tropas inglesas.
A partires de ahí comezamos a percorrer a praza usando os nosos sentidos: a vista para atopar distintos elementos da casa do Concello; o tacto para sentir como eran as pedras coas que armáronse os coruñeses; o oído para descubrir onde se agochaban os piratas...
O pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas, verdade?

martes, 26 de marzo de 2019
DÍA DA POESÍA E A ÁRBORE
jueves, 21 de marzo de 2019
A GRANXA
Un dos temas traballados este trimestre que está a piques de rematar nas aulas de 3 anos é o da granxa. Na aula de 3 anos A pedimos a colaboración das familias que aportaron moitos animais cos que compuxemos unha granxa na propia aula. Encántanos achegarnos todos os días a ela e mirar os seus "habitantes".
Graciñas!!!!
lunes, 18 de marzo de 2019
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
O pasado venres, 8 de marzo, conmemorouse internacionalmente o Día da Muller e nas clases de infantil quixemos facer algunha reflexión sobre o tema.
Tamén vimos varios contos que nos gustaron moito, fixéronnos rir pero tamén pensar...
En 5 anos limos e comentamos o conto "Cuando las niñas vuelan alto."
A través dunhas fichas tamén reflexionamos sobre o reparto de tarefas domésticas e as profesións que as mulleres poden desempeñar.
Imos mellorando ... pero queda aínda moito traballo por facer!!!
É responsabilidade da escola e a familia de educar aos nosos nenos e nenas dun xeito máis igualitario.
SEMANA DA PRENSA
A pasada semana conmemorouse a semana da prensa.
Aproveitamos esta semana para falar do tipo de información que nos proporciona a prensa, as partes dun xornal en papel e tratamos de ler algunha nova. Tamén vimos o formato dixital dos xornais que temos na escola.
Na clase das Xirafiñas tivemos unha motivación extra, xa que un dos nosos papás é xornalista, así que buscamos o seu nome nas noticias do xornal.
Logo usamos as letras que aparecían nas distintas publicacións para poñer o noso nome, e para rematar tivemos uns minutos para xogar libremente coas páxinas dos xornais, que logo recollimos encestando na papeleira.
Un día moi completo como podedes ver!
En 5 anos, ademáis, atopamos novas sobre Greta Thunberg e as súas protestas e iso levounos a buscar información sobre o tema do efecto invernadero e as enerxías limpas ou renovables.

Etiquetas:
animación á lectura,
Conmemoracións
viernes, 15 de marzo de 2019
OLLO PIOLLO!
Voltamos a ter inquilinos nas nosas cabeciñas así que lembrámosvos que unha vez detectados piollos é necesario:
- Aplicar un tratamento axeitado.
- PEINAR A DIARIO DURANTE UN PAR DE SEMANAS CON UNHA LENDRERA porque soen quedas ovos que eclosionan días despois do tratamento.
- Lavar a temperatura alta roupa de cama, toallas, gomas do pelo, lazos, gorros, etc porque do contrario poden telos de novo ou pasalos a outros membros da familia.
- O piollo non sobrevive máis de 48h fora do cabelo, así que se metemos en bolsas herméticamete cerradas calquera obxecto susceptible de ter piollos, morrerán nese período de tempo.
jueves, 14 de marzo de 2019
AVISO: LUNS 18, DÍA LECTIVO
Estimadas familias,
Recordámoslles que tal e coMo figura no calendario escolar, o martes 19 de marzo é festivo pero o luns 18 de marzo consta como día lectivo, polo que ese luns haberá clases.
Moitas grazas!
Recordámoslles que tal e coMo figura no calendario escolar, o martes 19 de marzo é festivo pero o luns 18 de marzo consta como día lectivo, polo que ese luns haberá clases.
Moitas grazas!
CONTOS NA LAREIRA: "QUITIQUÍN" E "LOS PITUFOS"
Onte Miguel, papá de Miguel da clase dos Cabaliños de 4 anos, veu ao cole para que xuntos puideran contar a todos os seus compañeiros os contos "Quitiquín" e "Los pitufos".
Pasaron todos un ratiño estupendo ao calor da nosa lareira. Moitas grazas pola visita!!
Pasaron todos un ratiño estupendo ao calor da nosa lareira. Moitas grazas pola visita!!
Etiquetas:
animación á lectura,
Cabaliños,
Contos na lareira
martes, 12 de marzo de 2019
RUTAS URBANAS
jueves, 7 de marzo de 2019
SEMANA DE ENTROIDO: VENRES SONORO
E rematamos a semana de Entroido co desfile polas rúas do noso barrio.
Pero antes de saír xogamos un pouco nas aulas e patio e cargamos pilas coa merendola de doces típicos, e xa estabamos preparados para encher as rúas de ledicia, cores e moito, moito ruido!
Moitas grazas a todos por acompañarnos e colaborar para que esta festa fora posible.

miércoles, 6 de marzo de 2019
PRETTY RITTY
Suscribirse a:
Entradas (Atom)