O pasado venres, 8 de marzo, conmemorouse internacionalmente o Día da Muller e nas clases de infantil quixemos facer algunha reflexión sobre o tema.
Tamén vimos varios contos que nos gustaron moito, fixéronnos rir pero tamén pensar...
En 5 anos limos e comentamos o conto "Cuando las niñas vuelan alto."
A través dunhas fichas tamén reflexionamos sobre o reparto de tarefas domésticas e as profesións que as mulleres poden desempeñar.
Imos mellorando ... pero queda aínda moito traballo por facer!!!
É responsabilidade da escola e a familia de educar aos nosos nenos e nenas dun xeito máis igualitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!