A pasada semana nas clases de 4 anos tivemos festas porque celebramos os aniversarios dos compis que cumpliron 5 aniños no mes de xuño ou que o farán no próximo mes de xullo.
Así que Gala, Vera, Thiago, Ainhoa, Antón, Diego, Valentina, Valeria e Paula foron os protagonistas de este festón!!
Como vedes tivemos de todo, ata uns simpáticos narices de cores cos que colaboramos, dalgún modo, coa Fundación Theodora, que se encarga de levar un sorriso aos peques hospitalizados. Un labor marabillosa!!!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración, en especial por achegar este tipo de iniciativas a escola que son fundamentais e unha parte moi importante na formación dos nosos peques.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!