domingo, 24 de noviembre de 2019

FACEMOS MADALENAS

A profe en prácticas Rocío quixo celebrar o seu cumple cos nenos e nenas da clase de 4 anos A facendo madalenas: observando ingredientes, remexendo, decorando, forneando e, por suposto, degustando.

Foi unha experiencia estupenda!

Graciñas Rocío! 
...e parabéns!!



lunes, 18 de noviembre de 2019

CONTOS PARA EMOCIONAR

O pasado venres as nenas e nenos de 4 anos e hoxe os de 5 anos comezamos os talleres de "Contos para emocionar", dentro do programa do Concello "A Coruña Educa", relacionado coa educación sexual para peques.

Deixámosvos uns apuntes que dende o Concello queren compartir con vos para que saibades qué, cómo e cando imos a traballar:



 PROGRAMA EDUCATIVO
A educación afectiva, emocional e sexual das crianzas é fundamental por influír positivamente na calidade da vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar, na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista. Este programa educativo comprende unha serie de “Contos Dramatizados” e de actividades, cas que se traballa a construción da sexualidade e dos vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.

CONTIDOS OBXECTIVOS 
Este obradoiro consta de 5 sesións con 5 contidos diferentes traballados en 5 contos co cada un dos contidos:
  1. A construción da identidade de xénero.  Estimular a aceptación e o respecto ás diferenzas entre as persoas.  Facilitar que o grupo vaia descubrindo as diferentes identidades de xénero e que estas non están determinadas polos caracteres corporais, sexuais, psicolóxicos ou sociais, senón pola propia vivencia de sentirse nena ou neno. 
  2.  Os vínculos afectivos e as relacións coas outras persoas.  Desenvolver a capacidade de identificar as calidades dos vínculos afectivos que abrangue o amor e a percepción subxectiva de sentirse queridas e queridos. 
  3. As distintas orientacións sexuais e opcións de convivencia.  Facilitar que o grupo interiorice como saudables as diferentes orientacións sexuais e os diferentes tipos de convivencia.  
  4. Os roles de xénero.  Explorar a actitude do grupo cara aos roles de xénero e promover a súa flexibilidade mediante a experimentación e o xogo. 
  5.  Os abusos sexuais. Previr os abusos sexuais na infancia Abordar con nenas e nenos o difícil tema do contacto físico non desexado, insistindo na posibilidade de dicir NON. 
METODOLOXÍA E DURACIÓN 
Cada contido traballarase cun conto dramatizado e posteriormente cunha serie de actividades complementarias, estas últimas a cargo do profesorado de cada aula. As nenas e os nenos serán protagonistas do proceso de aprendizaxe mediante a participación activa, con dinámicas de traballo que estarán baseadas en xogos, representacións, vivenzas ....

CASTAÑAS DO MAGOSTO

O pasado luns o cole cheiraba a fume porque celebrabamos a tradicional festa do Magosto.

Tivemos tempo para probar as castañas asadas, xogar, bailar, pintarnos... e pasalo moi ben!!

Moitas grazas a todos por axudar a que, un ano máis, a festa saíra tan ben!

lunes, 11 de noviembre de 2019

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN, QUE NOUTRO SITIO LLE CHAMAN HALLOWEEN!!

A pasada semana celebramos no cole a festa do Samaín.

A temática de este ano era INVENTORAS, INVENTORES E OS INVENTOS, que será o proxecto de investigación do centro para este ano.

O tema non era doado pero de novo os peques e as familias deixaronnos moi impresionados, de seguro que a partir de todos estes persoeiros e inventos imos aprender un montón!!

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!

     

martes, 5 de noviembre de 2019

PREPARÁNDONNOS PARA UNHA NOVA FESTA: O MAGOSTO 2019

Este ano celebraremos o magosto o vindeiro día luns 11 de novembro, Día de San Martiño.

Precisamos de cada familia unhas poucas castañas xa muxicadas (con un corte para que non estoupen cando se asen). Podedes traelas a partires do xoves

Ese día traerán da casa un "castañeiro" para colgar do pescozo e ter as mans libres para poder pelalas e comelas a xeito. Podedes decoralo como máis vos guste!

Deixámosvos aquí un modelo de como facelo con bricks de leite: