lunes, 18 de noviembre de 2019

CONTOS PARA EMOCIONAR

O pasado venres as nenas e nenos de 4 anos e hoxe os de 5 anos comezamos os talleres de "Contos para emocionar", dentro do programa do Concello "A Coruña Educa", relacionado coa educación sexual para peques.

Deixámosvos uns apuntes que dende o Concello queren compartir con vos para que saibades qué, cómo e cando imos a traballar:



 PROGRAMA EDUCATIVO
A educación afectiva, emocional e sexual das crianzas é fundamental por influír positivamente na calidade da vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar, na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista. Este programa educativo comprende unha serie de “Contos Dramatizados” e de actividades, cas que se traballa a construción da sexualidade e dos vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.

CONTIDOS OBXECTIVOS 
Este obradoiro consta de 5 sesións con 5 contidos diferentes traballados en 5 contos co cada un dos contidos:
  1. A construción da identidade de xénero.  Estimular a aceptación e o respecto ás diferenzas entre as persoas.  Facilitar que o grupo vaia descubrindo as diferentes identidades de xénero e que estas non están determinadas polos caracteres corporais, sexuais, psicolóxicos ou sociais, senón pola propia vivencia de sentirse nena ou neno. 
  2.  Os vínculos afectivos e as relacións coas outras persoas.  Desenvolver a capacidade de identificar as calidades dos vínculos afectivos que abrangue o amor e a percepción subxectiva de sentirse queridas e queridos. 
  3. As distintas orientacións sexuais e opcións de convivencia.  Facilitar que o grupo interiorice como saudables as diferentes orientacións sexuais e os diferentes tipos de convivencia.  
  4. Os roles de xénero.  Explorar a actitude do grupo cara aos roles de xénero e promover a súa flexibilidade mediante a experimentación e o xogo. 
  5.  Os abusos sexuais. Previr os abusos sexuais na infancia Abordar con nenas e nenos o difícil tema do contacto físico non desexado, insistindo na posibilidade de dicir NON. 
METODOLOXÍA E DURACIÓN 
Cada contido traballarase cun conto dramatizado e posteriormente cunha serie de actividades complementarias, estas últimas a cargo do profesorado de cada aula. As nenas e os nenos serán protagonistas do proceso de aprendizaxe mediante a participación activa, con dinámicas de traballo que estarán baseadas en xogos, representacións, vivenzas ....

1 comentario:

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!