martes, 29 de septiembre de 2020

PSICOMOTRICIDADE

 A PARTIRES DO 1 DE OUTUBRO COMEZAMOS COAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE. ESTES SON OS HORARIOS DE CADA AULA:

3 ANOS A  xoves

3 ANOS B  venres

4 ANOS A  mércores

4 ANOS B  mércores

5 ANOS A  venres

5 ANOS B  martes

lembrade que ese día, especialmente, deberán vir vestidos con roupa e calzado axeitado, evitando accesorios que limiten ou compliquen a actividede física.

Será a profe Sonia, sustituta de Ana, a que imparta estas clases así coma os apoios de todas as aulas agás 3 anos B (na que é a profe Isa)


PROFES EN PRÁCTICAS

 Acaban de chegar ao noso cole 5 profes en prácticas que nos acompañarán nas aulas estes vindeiros meses. Seguro que ides escoitar falar deles. Son:

Matías en 3 anos A

Natalia en 3 anos B

Jeni en 4 anos A

Olga en 4 anos B

Mariña en 5 anos B

domingo, 27 de septiembre de 2020

Os segredos da aula de 3 anos B

 Neste video podedes ver todo o que fixemos na aula de 3 anos B durante o mes de setembro. 
¡Esperamos que vos guste!


jueves, 24 de septiembre de 2020

PRIMEIROS DÍAS DE COLE DUN XEITO DIFERENTE

Estamos a adaptarnos todos e todas a esta situación na que nos atopamos, tamén no cole. Chegaron un pouco preocupad@s e moi concienciad@s pero, sobre todo, con moitas ganas de ver aos compis e ás profes. 

Xa sabemos perfectamente que temos que traer máscara, lavar moito as mans e manter certa distancia para evitar posibles contaxios. Deixamos unhas imaxes dos de 4 e 5 anos para que vexades o ben que o facemos:






martes, 22 de septiembre de 2020

ACLARACIÓN IMPRESOS COVID

 Hoxe o alumnado leva un par de impresos de parte do equipo Covid do centro. 

Un deles é similar a outro que xa tiñades cuberto hai uns días pero pedímosvos de novo o voso compromiso de non enviar aos nen@s ao cole cos síntomas da enfermidade, xa que así se nos pide dende a Consellería. Debedes devolvelo o antes posible, cuberto e asinado:

                                           


Outro é un modelo da enquisa que debedes facer a diario aos vos@s fill@s antes de mandalos ao cole, para revisar os posibles síntomas. Este é para que deixedes na casa e teñades á man todas as mañás para poder facelo:

Graciñas pola vosa comprensión!

viernes, 18 de septiembre de 2020

ALMORZAMOS!!!

 A partires da próxima semana as peques e os peques de 3 anos xa empezamos a vir todos xuntos de 9:00 a 12.45 horas, así que xa podemos traer un pequeno almorzo para tomar a media mañá. 

Tal é como falamos nas reunións de inicio de curso temos un calendario de almorzos saudables que nas aulas de 3 anos tamén imos seguir:




miércoles, 16 de septiembre de 2020

SÍNTOMAS COVID

    LEMBRADE QUE, ANTE ESTA SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS, É FUNDAMENTAL NON TRAER AO COLE AOS NEN@S SE TEÑEN SÍNTOMAS COMPATIBLES COA COVID. NESE CASO AVISARASE AO PEDIATRA PARA QUE O VALORE. 

    E, POR SUPOSTO, NO CASO DE CONFIRMACIÓN DE ENFERMIDADE, COMUNICALO AO TITOR INMEDIATAMENTE PARA PODER TOMAR AS MEDIDAS AXEITADAS.

    


miércoles, 9 de septiembre de 2020

DESENMASCARANDO PROFES!!

 Sabemos que este inicio de curso non é como o imaxinamos pero as profes estamos desexando vervos, aínda que vos teñades que vernos detrás das máscaras... 

Recoñecerédesnos?


Lembrade traer as vosas máscaras para poder acceder ao cole!!!

Vémonos moi prontiño!!

Moitos bicos de todas as profes de infantil!!!

HORARIOS CURSO 20/21


Deixamos un vídeo explicando por onde debemos entrar @s alumn@s de infantil e as súas familias. Lembrade que NON SE PERMITIRÁ a entrada nos edificios nin o tránsito polos patios, máis aló do marcado, pola seguridade de tod@s.

É IMPRESCINDIBLE O USO DE MÁSCARAS PARA TOD@S EN TODO O RECINTO

Moitas grazas pola vosa colaboración!!



jueves, 3 de septiembre de 2020

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN NO CURSO 20/21

Entendemos por adaptación o tempo que cada neno/a precisa para familiarizarse coa escola, cos adultos e cos iguais, para chegar a sentirse a gusto e ser capaz de despedirse sen angustias, xa que de unha boa adaptación vai depender a súa actitude cara a escolarización.

Por qué lle damos tanta importancia?

Para os nenos/as é unha situación nova: espazos, persoas, horarios… (Aínda que xa estivesen escolarizados)

Cada un ten o seu propio ritmo de adaptación e non debemos ter presa nin facer comparacións cos outros/as respectando o tempo que cada un necesite.

A lexislación vixente marca para o curso 2020-2021 o período de adaptación entre o 10 e 30 de setembro.

HORARIO

10 e 11 de setembro

2 quendas por aula coa metade do alumnado en cada unha delas co seguinte horario

1ª QUENDA: 9.30 A 11:30H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

14 ao 18 de setembro

1ª QUENDA: 9.00 A 11:00H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

21 ao 30 de setembro

Todo o grupo de aula co seguinte horario:

9:00 a 12:45H

(É MOI IMPORTANTE A PUNTUALIDADE NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO COLE)

Nas distintas reunións de aula se vos facilitará o horario concreto da vosa filla/fillo)


O acceso ao centro do alumnado de 4º de Educación Infantil farase polo portalón negro do centro situado na rúa General Rubín (rúa sen saída peonil tanto se van polas escaleiras coma pola beirarrúa).

Unha vez que teñen accedido ao patio exterior de Infantil esperarán alí. Pedimos que a persoa que veña a buscar ao neno/a manteña a distancia física de seguridade axeitada co resto das familias e só se aproximen ao portalón verde do edificio de Educación Infantil cando a titora vaia dicindo o nome do seu fillo/a. Isto axudará a evitar aglomeracións ao carón do portalón, facilitará as mestras a entrega do alumnado e os/as nenos/as amosarán menor ansiedade no momento da espera para ir coa súa familia.

A hora de acceso será a establecida no plan organizativo para o acceso ao centro.

Estaremos nas aulas as titoras correspondentes e as mestras de apoio (unha en cada aula).

Nas entradas, as titoras estarán na aula para recibir ao alumnado e as mestras de apoio

controlarán o acceso as dependencias do centro.

Nas saídas estaremos titoras e mestras de apoio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!




ACLARACIÓN SOBRE AS REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO.

 Como sabedes, o día 4 de setembro teremos as reunións de inicio de curso nas correspondentes titorías pero tivemos que facer algunhas modificacións por mor da situación sanitaria. 

As xuntanzas de 3 anos e 5 anos serán de 10 a 11. 15 horas. 

A xuntanza de 4 anos será a partires das 11.15 horas.

As mestras confirmaranvos individualmente á quenda na que tedes que acudir ao centro, deste xeito intentaremos evitar aglomeracións e poder manter as distancias de seguridade. 

Lembrámosvos que só poderá acudir un adulto por familia, sempre con máscara, e que non poden vir as nenas e nenos. 

Sería convinte traer un boli para asinar algúns documentos. 

A entrada ao centro farase pola porta principal e as mestras irán a recollervos para acompañarvos ata a aula. 

Moitas grazas pola vosa colaboración! Vémonos moi pronto!!



ESTAMOS DE VOLTA!!

Arrancamos un novo curso, e non da maneira que a todos gustaríanos pero o faremos cargadas de ilusión e hidroxel!!

Esperámosvos a todos moi pronto!! Moitos bicos das profes!!