jueves, 3 de septiembre de 2020

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN NO CURSO 20/21

Entendemos por adaptación o tempo que cada neno/a precisa para familiarizarse coa escola, cos adultos e cos iguais, para chegar a sentirse a gusto e ser capaz de despedirse sen angustias, xa que de unha boa adaptación vai depender a súa actitude cara a escolarización.

Por qué lle damos tanta importancia?

Para os nenos/as é unha situación nova: espazos, persoas, horarios… (Aínda que xa estivesen escolarizados)

Cada un ten o seu propio ritmo de adaptación e non debemos ter presa nin facer comparacións cos outros/as respectando o tempo que cada un necesite.

A lexislación vixente marca para o curso 2020-2021 o período de adaptación entre o 10 e 30 de setembro.

HORARIO

10 e 11 de setembro

2 quendas por aula coa metade do alumnado en cada unha delas co seguinte horario

1ª QUENDA: 9.30 A 11:30H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

14 ao 18 de setembro

1ª QUENDA: 9.00 A 11:00H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

21 ao 30 de setembro

Todo o grupo de aula co seguinte horario:

9:00 a 12:45H

(É MOI IMPORTANTE A PUNTUALIDADE NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO COLE)

Nas distintas reunións de aula se vos facilitará o horario concreto da vosa filla/fillo)


O acceso ao centro do alumnado de 4º de Educación Infantil farase polo portalón negro do centro situado na rúa General Rubín (rúa sen saída peonil tanto se van polas escaleiras coma pola beirarrúa).

Unha vez que teñen accedido ao patio exterior de Infantil esperarán alí. Pedimos que a persoa que veña a buscar ao neno/a manteña a distancia física de seguridade axeitada co resto das familias e só se aproximen ao portalón verde do edificio de Educación Infantil cando a titora vaia dicindo o nome do seu fillo/a. Isto axudará a evitar aglomeracións ao carón do portalón, facilitará as mestras a entrega do alumnado e os/as nenos/as amosarán menor ansiedade no momento da espera para ir coa súa familia.

A hora de acceso será a establecida no plan organizativo para o acceso ao centro.

Estaremos nas aulas as titoras correspondentes e as mestras de apoio (unha en cada aula).

Nas entradas, as titoras estarán na aula para recibir ao alumnado e as mestras de apoio

controlarán o acceso as dependencias do centro.

Nas saídas estaremos titoras e mestras de apoio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!