viernes, 30 de octubre de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 Este ano a celebración das LETRAS GALEGAS trasladouse do 17 de maio ao 31 de outubro por mor das circunstancias excepcionais nas que estamos. Adicámoslle un tempo de traballo ao escritor que se lle rinde homenaxe, RICARDO CARVALHO CALERO.

Na aula de 3 anos B primeiro contamos na PDI o conto de "As pitas baixo choiva", despois bailamos a canción do conto e por último fixemos un debuxo no que escribimos o título a nosa maneira e debuxamos como artístas!! Mirade, mirade...



Noutras clases tamén debuxamos, falamos e escribimos sobre deste autor: 


 




XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!!!!

Aínda que de forma diferente a outros anos, non deixamos de FESTEXAR O SAMAÍN!, aprendendo as tradicións, contos, adiviñas, cancións...propias destas datas. Presentámosvos algunhas das actividades que se fixeron durante estes días nas aulas:

 


HAPPY HALLOWEEN!

 Estes días estivemos a traballar nas clases de inglés o vocabulario, cancións e contos relacionados con Halloween. A profe Lauren contounos coma se celebra aló nos Estados Unidos onde ela naceu:


3 anos

4 anos

5 anos




MY FAVOURITE HALLOWEEN COSTUME


En infantil queremos facer unha proposta donde o equipo de inglés, podedes enviarnos foto ou vídeo escribindo ou dicindo o nome do voso disfraz relacionado con HALLOWEEN (ou algún complemento, debuxo, ...) Lembrade que o importante é que algunha palabra sexa en inglés!!!

Podedes envialo ao noso correo:

eiwenceslao@gmail.com


ANTES DO DÍA 30 DE OUTUBRO



miércoles, 28 de octubre de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro pasado foi o día adicado ás bibliotecas e dende o Equipo de Coordinación de Biblioteca queremos sumarnos a esta celebración amosando 8 bibliotecas infantís que vos van sorprender.

As bibliotecas son lugares máxicos onde se gardan montóns de soños en cada estante que poderás levar para casa e disfrutalos coa túa familia.

Agora imos coñecer unha selección moi especial:




My Tree House (Singapur)

Esta biblioteca infantil preciase de ser a primeira biblioteca sostible. A árbore pola que se accede a esta biblioteca  está inspirada no libro de “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantís. A colección de libros que contén  é de temática verde, tendo por obxectivo promover o amor e coidado do medio ambiente nos nenos e nenas.




Biblio Toyen (Oslo)

Este innovador espazo rompeu as normas de catalogación tradicional e etiqueta os libros con frases “curto, pero bó” o “sobre robots”. 

 




Niños Conarte   (Monterrey, México)

O ambiente é aberto, luminoso e moi colorido. Destaca o seu toque industrial, acorde ca cidade na que se ubica. As estanterías son montañas que serven de parque para os nenos e as nenas.

 




Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)

  Dentre as bibliotecas, ésta é unha das máis especiais. Non é luxosa nin enorme, pero ten detrás unha filosofía de solidaridade.

Este deseño noruego provee de libros e materiais educativos a nenos e nenas orfos/as. Deseñada cun ambiente aberto e cun exterior de cañas de bambú que se integra co entorno.

 



O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)

    Este é o caso dunha biblioteca móbil, que non ten ningún tipo de estrutura máis que dous burros: Alfa e Beto que axudan a Luis Soriano a chegar a zonas rurais  de complicado acceso. O encargado desta tarea é un maestro de Primaria. 




Biblioteca de Iwaki (Japón)


  A biblioteca de Iwaki é unha entidade privada aunque está aberta ao público para turistas e curiosas. Ao principio era a biblioteca para tres escolas, pero agora se concibe coma un museo dos libros ilustrados.


Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)

Aquí temos outro caso de bibliotecas móbiles. Este bibliobús está aparcado no patio da escola comunitaria de Highfield e funciona coma un espazo mais da escola.

 




 
Biblioteca Moisés Gómez del CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez ( A Coruña)

É a biblioteca do noso centro, nela vive Fantasmón, a mascota. Ten un tren cheo de libros de animais, plantas, nenos, nenas...e témola moi preto de nós. Leva o nome dun mestre que estivo no noso colexio hai anos e axudou a creala: Moisés Gómez.



 

SAMAÍN 2020

 Coma este ano é moi diferente, deixamos un enlace aos recursos que desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega nos deixan para informarnos e xogar coa temática de Samaín. Non vos vaiades asustar!!!!

Picade no enlace ou accedede desde a páxina web do cole: SAMAÍN NO WENCES

martes, 27 de octubre de 2020

Vivindo as mates en 3 anos B

 Así estamos a traballar na nosa aula...As mates manipulando sempre molan!



lunes, 26 de octubre de 2020

XEL HIDROALCOHÓLICO

 Hai alumn@s que traen boteciños de xel nas súas mochilas a diario. Non é necesario e incluso poder ser un motivo de pequenos accidentes.

Os nenos e nenas limpan as mans a cotío con auga e xabrón ou con xel proporcionado polo cole, administrado polas profes, nunca de xeito autónomo. Son pequenos e, aínda que están avisados, non podemos asegurar que o puidesen chegar a utilizar de xeito erróneo.

Se nalgún caso hai algunha razón puntual pola que teñan que traelos pregamos que llo comuniquedes á titora correspondente, grazas.

sábado, 24 de octubre de 2020

martes, 20 de octubre de 2020

La araña y la castaña

En el aula de 3 años B estamos metiéndonos de lleno en un proyecto para investigar sobre la vida de las arañas. El otro día aprendimos una poesía, tal ha sido el éxito que en el patio juegan a recitarla de forma espontánea. A veces recitan la que aprendieron y otras veces se inventan una nueva cambiando algunas palabras ¡A ver si os gusta! 

viernes, 16 de octubre de 2020

TRABALLAMOS COAS NOSAS MANS

 Os nenos e nenas de 4 anos A e B estamos a traballar coas nosas mans, e vendo que se poden facer moitas cousas con elas. Aquí vai unha mostra














lunes, 5 de octubre de 2020

3 ANOS A

 Os nenos e nenas de 3 anos A están a facer unha morea de actividades no cole, queredes velo? pois mirade este vídeo: