miércoles, 28 de octubre de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro pasado foi o día adicado ás bibliotecas e dende o Equipo de Coordinación de Biblioteca queremos sumarnos a esta celebración amosando 8 bibliotecas infantís que vos van sorprender.

As bibliotecas son lugares máxicos onde se gardan montóns de soños en cada estante que poderás levar para casa e disfrutalos coa túa familia.

Agora imos coñecer unha selección moi especial:




My Tree House (Singapur)

Esta biblioteca infantil preciase de ser a primeira biblioteca sostible. A árbore pola que se accede a esta biblioteca  está inspirada no libro de “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantís. A colección de libros que contén  é de temática verde, tendo por obxectivo promover o amor e coidado do medio ambiente nos nenos e nenas.




Biblio Toyen (Oslo)

Este innovador espazo rompeu as normas de catalogación tradicional e etiqueta os libros con frases “curto, pero bó” o “sobre robots”. 

 




Niños Conarte   (Monterrey, México)

O ambiente é aberto, luminoso e moi colorido. Destaca o seu toque industrial, acorde ca cidade na que se ubica. As estanterías son montañas que serven de parque para os nenos e as nenas.

 




Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)

  Dentre as bibliotecas, ésta é unha das máis especiais. Non é luxosa nin enorme, pero ten detrás unha filosofía de solidaridade.

Este deseño noruego provee de libros e materiais educativos a nenos e nenas orfos/as. Deseñada cun ambiente aberto e cun exterior de cañas de bambú que se integra co entorno.

 



O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)

    Este é o caso dunha biblioteca móbil, que non ten ningún tipo de estrutura máis que dous burros: Alfa e Beto que axudan a Luis Soriano a chegar a zonas rurais  de complicado acceso. O encargado desta tarea é un maestro de Primaria. 




Biblioteca de Iwaki (Japón)


  A biblioteca de Iwaki é unha entidade privada aunque está aberta ao público para turistas e curiosas. Ao principio era a biblioteca para tres escolas, pero agora se concibe coma un museo dos libros ilustrados.


Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)

Aquí temos outro caso de bibliotecas móbiles. Este bibliobús está aparcado no patio da escola comunitaria de Highfield e funciona coma un espazo mais da escola.

 




 
Biblioteca Moisés Gómez del CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez ( A Coruña)

É a biblioteca do noso centro, nela vive Fantasmón, a mascota. Ten un tren cheo de libros de animais, plantas, nenos, nenas...e témola moi preto de nós. Leva o nome dun mestre que estivo no noso colexio hai anos e axudou a creala: Moisés Gómez.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!