miércoles, 23 de diciembre de 2020

BO NADAL

 TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FDEZ FLÓREZ DESÉXAVOS ÁS FAMILIAS UN NADAL DIFERENTE PERO COA MESMA ILUSIÓN PARA @S MÁIS PEQUES DA CASA.

VOLTAREMOS O VENRES 8 DE XANEIRO DE 2021

4º A

4º B

                                                                               5º A

5ºB


6º A


6º B

lunes, 21 de diciembre de 2020

FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL

AQUÍ TEDES AS ACTUACIÓNS DESTES GRANDES ARTISTAS!

4º: JINGLE BELLS




5º: SANTA CLAUS IS COMING TO TOWN




 6º: BUSCANDO PAPÁ NOEL A ÁRBORE DE NADAL





jueves, 10 de diciembre de 2020

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

 Esta mañá fixemos un simulacro de evacuación en caso de emerxencia no cole. 

Sabiamos que tiñamos que saír de forma ordeada e sen parar nin separarse do grupo, e fixémolo de maravilla. 

Desta volta era moi importante manter as distancias entre grupos polo protocolo Covid, e así o fixemos. 






sábado, 5 de diciembre de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 Este ano tampouco poderemos facer o festival de nadal tradicional no salón de actos do cole, pero non queremos que perdades a ocasión de poder ver aos nos@s artistas interpretando panxoliñas. Así que a profe Nuria preparou con cada unha das aulas unha cancionciña navideña con moito agarimo. 

Como gravaremos as actuacións nas vindeiras semanas podedes aproveitar estes días para ensaiar un pouquiño, se poñedes a música seguro que eles fan os xestos (alomenos algún), así que ánimo!


4º infantil (Cristina e Carlota): JINGLE BELLS

5º infantil (Teresa e Rosa): SANTA CLAUS IS COMING TO TOWN

6º infantil (Mª Carmen e Cloti): BUSCANDO PAPÁ NOEL

jueves, 3 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe celebramos este día en todas as aulas. Contamos o conto "Por catro esquinitas de nada" e, antes de chegar o final, pensamos posibles solucións para que cadradiño puidese entrar pola porta redonda. Ó rematar o conto reflexionamos e démonos conta de que o problema non estaba en cadradiño, senon na porta! 

Este conto axudounos a decatarnos de que non tod@s somos iguais, cada un de nós somos especiais coas nosas peculiaridades, e non temos que amoldarnos ao mundo, senón o mundo a nós. 

Queredes ver o conto? pois premede  no enlace:      CONTO