Hoxe celebramos este día en todas as aulas. Contamos o conto "Por catro esquinitas de nada" e, antes de chegar o final, pensamos posibles solucións para que cadradiño puidese entrar pola porta redonda. Ó rematar o conto reflexionamos e démonos conta de que o problema non estaba en cadradiño, senon na porta!
Este conto axudounos a decatarnos de que non tod@s somos iguais, cada un de nós somos especiais coas nosas peculiaridades, e non temos que amoldarnos ao mundo, senón o mundo a nós.
Queredes ver o conto? pois premede no enlace: CONTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!