domingo, 30 de mayo de 2021

CONCURSO MARCAPÁXINAS 2021

 Nesta edición o tema elixido polo equipo de Biblioteca do cole foi o de A NOSA HORTA. @s nos@s pequen@s artistas esmeráronse nuns debuxos ben chulos, pero só hai 1 elixido por clase, desta volta:

3 anos A.- Lola

3 anos B.- Liam

4 anos A.- Claudia

4 anos B.- Andy (gañador de educación infantil)

5 anos A.- Yeva

5 anos B.- Álvaro

PARABÉNS PARA TOD@S!!!

lunes, 17 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 O día 17 de maio é unha data moi importante para a nosa cultura xa que celebramos o día das LETRAS GALEGAS que nos invita a coñecer a escritores/as galegos/as e a profundizar na súa vida e obra.

Este ano, como sabedes, está adicado a XELA ARIAS CASTAÑO (Ortoá, Sarria, 1962-Vigo, 2003).

Dende o grupo de nenos/as de Infantil rendimos unha "pequena homenaxe" da mellor maneira que sabemos, poñendo moitas gañas en participar neste día tan importante para Galiza. Presentámosvos unha pequena mostra.


Proxección do vídeo de Xela Arias 3 ANOS A

                                                                          3 ANOS B


4 ANOS A


4 ANOS B


                                                                         5 ANOS A


5 ANOS-B

sábado, 15 de mayo de 2021

DÍA DA FAMILIA

 Nestes últimos anos vimos celebrando desde o cole o DÍA DA FAMILIA como máis significativo e representativo de todo tipo de diferentes familias como temos entre o noso alumnado. Así cada 15 de maio @s alumn@s fan algo "especial" para agasallar na casa a toda a súa familia, sexa composta polos membros que sexan.

Desta volta @s nos@s pequen@s artistas semellaron ser grandes pintores para elaborar uns lienzos dignos de calquera museo ou, alomenos, de ocupar un lugar privilexiado nos vosos fogares. 

Agardamos que vos teñan gustado, xa que están feitos con moito traballo e moitísima ilusión. 

QUE PASEDES UN FELIZ DÍA, FAMILIAS!

Que será, será...?

3 ANOS-A

3 ANOS-B

4 ANOS-A

4 ANOS B

5 ANOS A


5 ANOS B

domingo, 9 de mayo de 2021

DANDO COR AO NOSO COLE

 Estes días @s profes estamos a traballar arreo para darlle un pouco de nova cor ao noso patio. 

Dende o curso pasado un grupo de profes do cole formamos parte dun PLAN DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO no que estamos a formarnos e a debater sobre as melloras que se poderían implantar no referente ao tempo de recreo no patio.

Unha primeira proposta foi a de abrir a zona de xardín e horto para integrala máis no noso patio e, de feito, está ser utilizada a tal fin con moito éxito.

Neste curso a pandemia supuxo unha freada nas nosas intencións, pero decidimos alomenos darlle algo de cor a algunhas partes para crear espacios máis alegres.

Desta volta pedimos colaboración ao resto do Claustro de profesores pero non desbotamos que, no futuro, contemos tamén coa vosa axuda, que sabemos haberá.

A nosa intención é seguir a traballar neste sentido: organizando mellor as posibilidades de xogos, facendo diferenciación de espazos, procurando integrar a todo o alumnado, ofertando estratexias na resolución de conflictos, ... para que os tempos de recreo no noso cole sexan tempo de aproveitamento nun ambiente o máis feliz posible.

Deixamos unhas fotiños por se non tedes ocasión de velo in situ, estamos aínda no proceso:




Por outra banda, o centro está a facer unha importante inversión no pintado interior de aulas, corredores e demais dependencias. Esta acometida farase en varias fases ao longo dos vindeiros cursos.