domingo, 9 de mayo de 2021

DANDO COR AO NOSO COLE

 Estes días @s profes estamos a traballar arreo para darlle un pouco de nova cor ao noso patio. 

Dende o curso pasado un grupo de profes do cole formamos parte dun PLAN DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO no que estamos a formarnos e a debater sobre as melloras que se poderían implantar no referente ao tempo de recreo no patio.

Unha primeira proposta foi a de abrir a zona de xardín e horto para integrala máis no noso patio e, de feito, está ser utilizada a tal fin con moito éxito.

Neste curso a pandemia supuxo unha freada nas nosas intencións, pero decidimos alomenos darlle algo de cor a algunhas partes para crear espacios máis alegres.

Desta volta pedimos colaboración ao resto do Claustro de profesores pero non desbotamos que, no futuro, contemos tamén coa vosa axuda, que sabemos haberá.

A nosa intención é seguir a traballar neste sentido: organizando mellor as posibilidades de xogos, facendo diferenciación de espazos, procurando integrar a todo o alumnado, ofertando estratexias na resolución de conflictos, ... para que os tempos de recreo no noso cole sexan tempo de aproveitamento nun ambiente o máis feliz posible.

Deixamos unhas fotiños por se non tedes ocasión de velo in situ, estamos aínda no proceso:




Por outra banda, o centro está a facer unha importante inversión no pintado interior de aulas, corredores e demais dependencias. Esta acometida farase en varias fases ao longo dos vindeiros cursos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!