LUNS:
MARTES:
MÉRCORES:
XOVES:
Durante esta semana intentamos dar a coñecer un pouquiño máis do noso ENTROIDO. Puxemos atención nos distintos disfraces que hai ao longo da nosa xeografía, a forma de celebralo nas distintas provincias e as comidas típicas destas datas (lacón con grelos, orellas, filloas...).
Centrámonos, en especial, nas PANTALLAS de Xinzo de Limia (Ourense), e fixemos, con moita ilusión, cada neno/a a súa pantalla, decorada ao seu gusto. Presentámosvos o ben que quedaron!!!!
A videira semana celebraremos o ENTROIDO no cole. Non poderá ser coma viña sendo costume en anos pasados, pero algo poderemos facer.
O primeiro son os MANDADIÑOS. Ao longo da vindeira semana, cada día haberá que traer unha prenda ao cole a modo de disfrace. A idea é ir compoñendo o disfrace que se vai traer o último día (venres 25), pero como moitas disfraces non se poder traer por partes, o venres poderán vir disfrazad@s da casa como queiran, e o resto da semana simplemente as prendas indicadas de modo acumulativo (traendo cada día a que toca máis todas as anteriores). Estas mandas nolas dirá FANTASMÓN cada día coma o ano pasado, así que estade moi atent@s aquí ou na web do cole, onde publicaremos o vídeo correspondente.
Polo tanto venres 25, día grande de entroido no cole, viremos disfrazad@s da casa a elixir: a modo "choqueiro" sumando todo o que se mandou previamente na semana ou ao modo libre traendo o disfrace que prefiran.
Ese mesmo día poden traer merenda con doces típicos destas datas, ainda que non compartiremos a comida. Será festa como estamos acostumad@s en tempo de pandemia.
E, tamén ese día, tocaremos instrumentos de percusión nunha BATUCADA no patio en quedas por ciclos. Para iso xa Nuria, a profe de música, vos indicou que poden traer. Non é preciso mercar nada, con moitas cousas que temos pola casa podemos facer un instrumento ben sinxelo. Deixámosvos uns exemplos por se poden ser de inspiración.
Esperemos poder disfrutar dun bo entroido!
Nas aulas falamos de Isabel Sola Gurpegui, investigadora na vacuna española do coronavirus.
Desta volta teremos, ao longo do mes de febreiro, estudantes do Grao de Educación Infantil en todas as nosas aulas. Escoitaredes falar das "profes":
Isabel en 4ºA con Suzana
Paula en 4º B con María
Sara en 5º A con Cloti
Claudia en 5º B con Paula
María en 6º A con Teresa
Adela en 6º B con Rosa
Benvidas, de seguro que será unha experiencia enriquecedora para tod@s!