A videira semana celebraremos o ENTROIDO no cole. Non poderá ser coma viña sendo costume en anos pasados, pero algo poderemos facer.
O primeiro son os MANDADIÑOS. Ao longo da vindeira semana, cada día haberá que traer unha prenda ao cole a modo de disfrace. A idea é ir compoñendo o disfrace que se vai traer o último día (venres 25), pero como moitas disfraces non se poder traer por partes, o venres poderán vir disfrazad@s da casa como queiran, e o resto da semana simplemente as prendas indicadas de modo acumulativo (traendo cada día a que toca máis todas as anteriores). Estas mandas nolas dirá FANTASMÓN cada día coma o ano pasado, así que estade moi atent@s aquí ou na web do cole, onde publicaremos o vídeo correspondente.
Polo tanto venres 25, día grande de entroido no cole, viremos disfrazad@s da casa a elixir: a modo "choqueiro" sumando todo o que se mandou previamente na semana ou ao modo libre traendo o disfrace que prefiran.
Ese mesmo día poden traer merenda con doces típicos destas datas, ainda que non compartiremos a comida. Será festa como estamos acostumad@s en tempo de pandemia.
E, tamén ese día, tocaremos instrumentos de percusión nunha BATUCADA no patio en quedas por ciclos. Para iso xa Nuria, a profe de música, vos indicou que poden traer. Non é preciso mercar nada, con moitas cousas que temos pola casa podemos facer un instrumento ben sinxelo. Deixámosvos uns exemplos por se poden ser de inspiración.
Esperemos poder disfrutar dun bo entroido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!