sábado, 11 de junio de 2022

GRADUACIÓN D@S COMPIS DE 6º

 Remata a etapa de educación infantil para unha nova promoción. Desta volta 49 compis de 6º nivel pasarán en setembro ás aulas de primaria e, polo tanto, deixarán de compartir momentos connosco porque xa son maiores.

Queremos facer un sinxelo acto de despedida a modo de GRADUACIÓN o vindeiro luns día 20 xunto c@s compis de 6º de primaria que deixan o cole definitivamente. Será en horario de 10:00 a 11:30 nas pistas. Todo o alumnado de infantil acudirá como invitado así como as familias do alumnado de 6º que poderá acceder ás gradas para seguir a celebración. O portalón da rúa General Sanmartín abrirase ás 9:45 e só poderán acceder 2 familiares por nen@.

Para que sexa unha xornada festiva para todo infantil, as merendas serán especiais: poden traer comida de FESTA (aperitivos, chuches, doces, ...) para compartir c@s compis (aínda que repartiremos as profes para manter certa distancia de precaución) 

Agardamos que sexa un bonito momento para tod@s.

NOTA. LEMBRADE A RESPONSABILIDADE DE CADAQUÉN ANTE AS GRAVACIÓNS E FOTOGRAFÍAS EFECTUADAS. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!