viernes, 25 de noviembre de 2022
EXPLOSIÓN DE OUTONO
25 N
domingo, 20 de noviembre de 2022
DÍA DA INFANCIA
Hoxe conmemoramos o noso día, ao longo da pasada semana lembramos nas aulas que temos DEREITOS: a alimentación, a familia, a educación, a escola e a medicina son algún deles. Xunt@s quixemos plasmalo nesta torre na que cada clase de infantil fixo unha das caixas que a forman.
lunes, 14 de noviembre de 2022
YAYOI KUSAMA
Participamos nunha proposta da área de plástica de primaria para compoñendo unha presentación ao estilo da artista japonesa. Pasámolo pipa pegando figuras redondas de cores:
jueves, 3 de noviembre de 2022
UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DE MEDO!!!
A pasada semana, coincidindo coa celebración da festa de Samaín preparamos unha sesión de psico un pouco especial...
Tiñamos caldeiros xigantes nos que atopar ingredientes arrepiantes, unha pócima moi pringosa na que atopar bechos, unha arañeira enorme na que pegar arañas, uns gorros de bruxas que deberon quedarlles perdidos e que usamos para encestar uns aros, un esquelete momificado ao que sacamos as vendas con moito mimo para non despertalo e ata unhas botellas con brebaxes máxicos que nos deixaron pasmados!!
Parace que o pasamos ben, non si?
Aproveito para pedir a vosa colaboración para outra sesión tola deste mes de novembro: Imos precisar follas secas, moitas, moitas pero que moitas follas secas!!! Así que si estes días paseades polo parque o de camiño ao cole podedes recoller algunhas seguro que o pasamos moi ben con elas!!!
Moitas grazas familias!!!
martes, 1 de noviembre de 2022
O OUTONO XA ESTÁ AQUÍ, NAS AULAS DE 3 ANOS
Chegou o outono e con el o cambio da paisaxe coas súas cores típicas, coa caída das follas en gran parte das árbores, coas froitas e festividades típicas desta estación do ano. Observamos os diferentes tamaños, formas e cores das follas, fixemos actividades varias con elas (manipulación, estampación...) e, para rematar, unha macedonia con froitas do outono, que saíu boísima e que nos gustou moito!! Todo coa finalidade que coñezan esta estación do ano e que participen activamente dela.
Aquí vai unha pequena mostra do que fixemos