jueves, 3 de noviembre de 2022

UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DE MEDO!!!

A pasada semana, coincidindo coa celebración da festa de Samaín preparamos unha sesión de psico un pouco especial...

Tiñamos caldeiros xigantes nos que atopar ingredientes arrepiantes, unha pócima moi pringosa na que atopar bechos, unha arañeira enorme na que pegar arañas, uns gorros de bruxas que deberon quedarlles perdidos e que usamos para encestar uns aros, un esquelete momificado ao que sacamos as vendas con moito mimo para non despertalo e ata unhas botellas con brebaxes máxicos que nos deixaron pasmados!!

Parace que o pasamos ben, non si?



Aproveito para pedir a vosa colaboración para outra sesión tola deste mes de novembro: Imos precisar follas secas, moitas, moitas pero que moitas follas secas!!! Así que si estes días paseades polo parque o de camiño ao cole podedes recoller algunhas seguro que o pasamos moi ben con elas!!!


Moitas grazas familias!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!