O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o DIA ESCOLAR POLA PAZ e, coma cada ano, no cole implicaremos aos alumn@s para que se decaten da importancia que ten achegándoos á súa realidade máis próxima.
Sabedes que tedes información na paxina deste blog adicada a este tema. Tamén no enlace do blog da biblioteca hai unha mención aos libros, cancións ou poemas relativos a el.
Un ano máis terá lugar o Mercadillo Solidario, co que pretendemos recaudar fondos para colaborar con unha ONG. Estamos a recoller os xoguetes que tan xenerosamente doades para tal fin. Este ano entrégase un número a cada "doante" para participar nun sorteo de regalos ese mesmo día.
Ademáis faremos unha chocolatada coa mesma fin recaudatoria (os nen@s que aporten 1 euro tomarán chocolate e 2 churros). O día 1defebreiro os xoguetes estarán clasificados para vender por 1, 2, 3 ou 4 euros e os nen@s poderán comprar cos cartos que traian.
Xa que é un día de portas abertas podedes facervos cargo dos vosos fillos en todo momento, pero lembrade que se os ides levar fóra do centro teredes que avisar á titora correspondente e deixar constancia asinando a autorización.
Esperamos disfrutar dunha xornada verdadeiramente solidaria.
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN !!!!!
lunes, 21 de enero de 2013
sábado, 22 de diciembre de 2012
Festival
Por fin chegou o venres e celebramos o festival de Nadal. Mostramos diante dos nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria que somos uns artistas fantásticos.
Ahí vai a mostra do ben que o fixeron:
Os máis pequenos do cole (3 Anos A e B) cantaron "Ande, ande, ande".

Os nenos de 4 anos escenificaron a panxoliña "A árbore de Nadal".
Podédela escoitar aquí
A árbore de Nadal
Portádevos ben que os Reis
están en camiño...
Ahí vai a mostra do ben que o fixeron:
Os máis pequenos do cole (3 Anos A e B) cantaron "Ande, ande, ande".
Os nenos de 4 anos escenificaron a panxoliña "A árbore de Nadal".
Podédela escoitar aquí
A árbore de Nadal
Os nenos de 5 anos escenificaron e cantaron "O piñeiro de Belén".
Tamén se entregaron os premios dos concursos que tiveron lugar no primeiro trimestre.
Noraboa aos gañadores!
Concurso de cabazas
Concurso de Marcapáxinas
Felices Festas!
Portádevos ben que os Reis
están en camiño...
Vémonos o martes 8 de xaneiro de 2013.
miércoles, 19 de diciembre de 2012
Visita de Papá Noel
O primeiro trimestre está a piques de rematar e ...
¡andamos todos moi excitados!
Hoxe visitounos Papá Noel e dous dos seus elfos.
Falou con nós e lembrounos que temos que portarnos ben,comer de todo, lavar os dentes, traballar no cole, etc.
Qué emoción cando sentamos a carón del para facer a foto!
Despois recolleu as nosas cartas e prometeu facer o posible para traer o que lle pedimos... a pesar da crise.
martes, 18 de diciembre de 2012
Festa de Nadal
Como o ano pasado, este curso tamén queremos que vexades canto traballaron os vosos fill@s para a festa de Nadal do cole.
O noso ensaio de portas abertas será o xoves 20 ás 13h. O centro abrirase de 12:45h. a 13h. e despois pecharanse de novo as portas para non interromper o normal desenvolvemento das actividades lectivas de Primaria.
Debido ao reducido do espazo rogamos que só asistan á actuación un máximo de dous adultos por nen@.
O festival de Nadal do cole é o venres 21 e está únicamente dirixido aos alumnos do centro.
lunes, 17 de diciembre de 2012
Ollo co piollo!

Este outono os piollos parecen ser máis resistentes que outros anos, por iso poñemos no voso coñecemento unhas páxinas web que vos poden dar moita información sobre eles:
Piojosfuera
Infopiojos
Asociación Española de Pediatría
A infestación de piollos non é unha causa de ocultación ou vergonza xa que non está vinculada á falta de hixene. É moi frecuente entre os 3 e 11 anos e parece afectar máis a nenas de cabelos finos.
Ainda así, debemos lembrar que, polo ben de todos, os nen@s afectados non deberían voltar ao colexio ata que se traten e poñan en práctica os seguintes consellos:
- Aplicar Permetrina ó 1% segundo as indicacións do fabricante. Peitear o cabelo húmido cun peite metálico para lendias, para quitar as lendias e os piollos mortos. Repetir o tratamento unha semana máis tarde.
(O peiteado debe repetirse cada dous días durante a lo menos dúas semanas).
- Lavar (a unha temperatura mínima de 55 grados) a roupa interior, toallas, roupa de cama en uso e ourtras roupas e obxetos do nen@ infrestado usados dende dus días antes.
- Aquelos obxectos que non se pode lavar (peluches, bonecos, cintas para o cabelo,...) pecharanse nunha bolsa durante dúas semanas ou ben lavaranse en seco. En calquera caso, débense afastar.
- Fregar cepillos e peites con alcol ou ben con auga quente a 55 grados, ou con xabón polo menos durante unha hora.
- Aspirar alfombras e mobles tapizados.
- Non compartir roupa deportiva, bufandas, cintas para o cabelo , e outros obxectos perosais..
sábado, 15 de diciembre de 2012
CONCURSO MARCAPÁXINAS
Xa temos escollidos os gañadores do concurso de marcapáxinas convocado para conmemorar o día da biblioteca. O tema era "AS OLIMPIADAS" e os nen@s fixeron as súas reproduccións na medida das súas posibilidades. Hai dúas categorías, e temos unha gañadora en infantil, ademais de un premio por clase.
No enlace do blog da biblioteca tedes toda a información.
No enlace do blog da biblioteca tedes toda a información.
![]() |
| Ángela 5 anos B |
NORABOA!!!!
miércoles, 12 de diciembre de 2012
XA CHEGA O NADAL
Coma xa se aproximan as festas navideñas no cole estamos a contaxiarnos do espiritu propio destas datas. Estamos aprendendo panxoliñas, ensaiando o noso festival, adornando as aulas e facendo un montón de actividades relacionadas co tema. Xa vos iremos informando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












