martes, 5 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Ao longo desta semana estamos a celebrar o ambiente festivo e trouleiro do entroido. Temos un MOMO grande á entrada do cole e un MOMIÑO pequeno na entrada do edificio de infantil, temos unha MANDAS que "obedecer" cada día da semana, temos moitos murais e adornos polas aulas e corredores e temos moito traballo que facer para que o venres os nosos disfraces relacionados coas PROFESIÓNS sexan os máis vistosos.



MANDAS:
LUNS: algo na meixela
MARTES: algo na cabeza
MÉRCORES: un mostacho
XOVES: un parche
 
O xoves os nenos de infantil poden vir disfrazados da casa, se queren, e o venres teremos o desfile cos disfraces que estamos a elaborar na clase (5 anos: COCIÑEIR@S, 4 anos: BOMBEIR@S e 3 anos: XARDIÑEIR@S) e larpeiradas para comer na aula.
 
 

II MERCADILLO SOLIDARIO

GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!
RECAUDÁRONSE MÁIS DE 1.200 EUROS PARA FACER UNHA ESCOLA EN GUINEA BISAU A TRAVÉS DA ONG "MIRADAS AL MUNDO"
Todos os que formamos a comunidade educativa estamos moi satisfeitos co resultado obtido e desfrutamos dunha xornada solidaria coas familias que puideron asistir, con todos os alumnos e con representantes da ONG.



 

miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ


Como todos os 30 de Xaneiro hoxe celebrouse en moitos centros educativos o Día da Paz. 
Durante a última semana fixemos varios murais conmemorativos que están expostos no cole.
A nosa celebración será o vindeiro venres 1 de febreiro coincidindo co II Mercadillo Solidario.

Esperámosvos!

lunes, 28 de enero de 2013

4 ANOS VISITA O PARQUE DE BOMBEIROS

Estes días os nenos/as de 4 visitamos o parque de bombeiros da cidade. Está moi cerquiña do cole así que non nos cansamos nadiña no bus.
Alí o bombeiro Ricardo encargouse de ensinarnos un montón de cousas: o camión no que fan as saídas, as ferramentas que usan, a escaleira coa que chegan ata a 30 metros de altura, o ximnasio no que entrenan, a sala de recepción de chamadas, a roupa que utilizan (casco e chaquetas que nos deixaron probar), a cucaña pola que baixan cando hai unha emerxencia, e ata nos ensinou como manexar a mangueira ... e puidemos usala nós!!!!
Foi unha experiencia formidable! Agora moitos de nós queremos ser de maiores ... BOMBEIROS  E BOMBEIRAS!!!
Polo de pronto serviranos para disfrazarnos no vindeiro entroido.


EL GRITO

Os de 4 seguimos a traballar a arte e, nesta ocasión, co famoso cadro "EL GRITO" de Munch. Permitíunos falar dos "sustos", os "medos", e , por extensión, de outras expresións faciais e estados de ánimo. Preguntámonos que lle podería pasar a ese home para berrar así e deixamos voar a nosa imaxinación. Observamos as cores, as formas, os trazos, e fixemos as nosas "adaptacións":


nós tamén sabemos berrar!!!





viernes, 25 de enero de 2013

MIRADAS AL MUNDO

Hoxe tivemos unha visita especial porque, a través da ONG "Miradas al mundo", fixemos un montón de amigos dun lugar moi lonxano a nós, da África, de Guinea Bisau. Eles ensináronnos como é o seu cole, que é moi diferente ao noso, as pouquiñas cousas das que dispoñen, os poucos recursos cos que contan, ... pero que son nenos e nenas coma nós, que lles gusta xogar, rir, aprender e pasalo ben. Son Agua, Bambe, Isatu, e moitos maís.
Tamén nos pediron un pouquiño de axuda para poder facer un cole novo, xa que o que teñen é moi vello, para comprar cores e libros, que teñen poucos, e para ter máis profes que sepan ensinar máis cousas, porque os que teñen non puideron ir á escola.
Como temos organizado o Mercadillo Solidario para o vindeiro día 1 de febreiro, todo o diñeiro que se recaude irá destinado a esta ONG á que xa o ano pasado entregamos unha boa cantidade dos nosos "aforriños".





 

fixemos uns debuxos para mandar aos nosos novos amigos

LAS MENINAS
















Os alumn@s de 4 estamos a traballar o famoso cuadro de Velázquez "LAS MENINAS". Estamos aprendendo moito sobre a época, o pintor, a vida nos palacios, ... Xa temos as paredes adornadas coas nosas produccións plásticas: cada un fixo a súa visión persoal da infanta Margarita, protagonista no cuadro.
No seguinte vídeo do Museo del Prado podedes aprender algo máis sobre este famoso cadro:


Queredes facer un puzzle? Seguro que os vosos fillos e fillas estarán encantad@s de axudar, que xa temos practicado na clase ....


 
Pedimos a vosa colaboración na decoración de unha MENINA que levaron os alumnos para casa e temos que agradecervos a vosa implicación pois están chegando traballos verdadeiramente interesantes e moi diversas técnicas plásticas: pintado, pegado, collage, plastilina, obxectos engadidos, ... e os nen@s están aprendendo moito dunha forma moi divertida.