sábado, 15 de mayo de 2021

DÍA DA FAMILIA

 Nestes últimos anos vimos celebrando desde o cole o DÍA DA FAMILIA como máis significativo e representativo de todo tipo de diferentes familias como temos entre o noso alumnado. Así cada 15 de maio @s alumn@s fan algo "especial" para agasallar na casa a toda a súa familia, sexa composta polos membros que sexan.

Desta volta @s nos@s pequen@s artistas semellaron ser grandes pintores para elaborar uns lienzos dignos de calquera museo ou, alomenos, de ocupar un lugar privilexiado nos vosos fogares. 

Agardamos que vos teñan gustado, xa que están feitos con moito traballo e moitísima ilusión. 

QUE PASEDES UN FELIZ DÍA, FAMILIAS!

Que será, será...?

3 ANOS-A

3 ANOS-B

4 ANOS-A

4 ANOS B

5 ANOS A


5 ANOS B

domingo, 9 de mayo de 2021

DANDO COR AO NOSO COLE

 Estes días @s profes estamos a traballar arreo para darlle un pouco de nova cor ao noso patio. 

Dende o curso pasado un grupo de profes do cole formamos parte dun PLAN DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO no que estamos a formarnos e a debater sobre as melloras que se poderían implantar no referente ao tempo de recreo no patio.

Unha primeira proposta foi a de abrir a zona de xardín e horto para integrala máis no noso patio e, de feito, está ser utilizada a tal fin con moito éxito.

Neste curso a pandemia supuxo unha freada nas nosas intencións, pero decidimos alomenos darlle algo de cor a algunhas partes para crear espacios máis alegres.

Desta volta pedimos colaboración ao resto do Claustro de profesores pero non desbotamos que, no futuro, contemos tamén coa vosa axuda, que sabemos haberá.

A nosa intención é seguir a traballar neste sentido: organizando mellor as posibilidades de xogos, facendo diferenciación de espazos, procurando integrar a todo o alumnado, ofertando estratexias na resolución de conflictos, ... para que os tempos de recreo no noso cole sexan tempo de aproveitamento nun ambiente o máis feliz posible.

Deixamos unhas fotiños por se non tedes ocasión de velo in situ, estamos aínda no proceso:




Por outra banda, o centro está a facer unha importante inversión no pintado interior de aulas, corredores e demais dependencias. Esta acometida farase en varias fases ao longo dos vindeiros cursos.

viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO


 Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO, unha conmemoración moi importante para tod@s de carácter internacional.

Un libro é capaz de levarnos a un lugar determinado, a unha época, estimula a imaxinación e a creatividade, aumenta o vocabulario...e acompáñanos en moitos momentos.

Este día, especialmente, disfrutamos deles no cole. Fixéronse varias actividades: lectura de contos e un marcapáxinas que poderán usar cos seus primeiros libros.

Ata FANTASMÓN quixo visitarnos polas clases para animarnos a seguir interesándonos polos libros e coidalos moito.

¡FELIZ DÍA DO LIBRO!






jueves, 22 de abril de 2021

DÍA DA TERRA

 Hoxe lembramos nas clases que é o día da Terra e tod@s estivemos dacordo en que queremos coidala e respectala moito. Estes días estivemos a facer plantacións no xardín, no horto e nas aulas e aprendemos como coidar e darlle ás plantas o que precisan. Ademais en todas as aulas somos expertos en reciclaxe e reutilizacion, así que aquí vai a nosa pequeniña contribución. 





En 3 anos A construíron con diferentes materiais de refugallo

                                                                      En 3 anos B fixeron unha casiña para poñer na árbore do patio e dar acubillo a algún que outro animaliño.
En 4 anos repasamos o que xa sabemos da separación do lixo para a súa reciclaxe: orgánico no verde, inorgánico no amarelo e papel na caixa de reciclar papel.





                                                                   5 anos A limpou o patio para axudar na limpieza do noso planeta, a Terra
                                      En 5 anos B leron un poema de "Arbolidades" e debuxaron uns bosques preciosos: limpios e libres de lixo.
DESPOIS DE TANTO TRABALLO BEN FEITO SÓ QUEDA DESEXAR UN FELIZ DÍA DA TERRA!

miércoles, 21 de abril de 2021

STOP ACCIDENTES

 Dentro do programa STOP ACCIDENTES promocionado polo Concello, o noso centro participou das súas charlas e actividades para lembrar algunhas normas de seguridade vial e dar a coñecer as "AVENTURAS DE ANCAS" aos máis pequenos e a súa función de guialos de camiño casa-colexio polas beirarrúas.





















lunes, 29 de marzo de 2021

HAPPY EASTER

 Coas profes de inglés estivemos a traballar estes días o tema EASTER. Fixemos EASTER EGGS e EASTER BUNNIES, contamos contos e cantamos cancións, ...seguro que más de un/unha vos dixo ao chegar á casa: "HAPPY EASTER", pois iso mesmo vos desexamos teacher Isa, teacher Lauren e teacher Rosa.

3 anos

4 anos

5 anos

A PROFE LAUREN CONTOU UN CONTO EN 5 ANOS


lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Coa chegada da Primavera, aproveitamos que o día 21 de marzo tamén se celebrou o día da poesía e da árbore.

  Nós fixémolo hoxe no cole:

o noso horto xa está a dar os seus froitos

5º B abrazou unha árbore do noso patio

Fixéronse lecturas de poemas, no xardín e máis nas aulas, e os nenos e nenas de 6ºB buscaron o bidueiro para ler o seu QR

Unha bonita xornada cun día ben soleado!!!