viernes, 22 de marzo de 2013

Semana Santa

Hoy los niñ@s llevaron el trabajo realizado durante el segundo trimestre. Seguro que les encantará enseñarlo y explicar todo lo que han aprendido. 
Con la Semana Santa hacemos un alto en el camino para recuperar fuerzas y prepararnos para la recta final del curso.
Nos vemos el próximo martes día 2 de abril
   

jueves, 21 de marzo de 2013

PRIMAVERA

Onte comezou a primavera e, coma dí o refrán: "O marzal varía sete veces no día",  xa temos visto sol, vento, choiva, ...
Na clase celebrámolo escoitando a Vivaldi, bailando ao son e facendo debuxos alusivos ao tema. Xa todos temos claras cales son as características fundamentais da estación que vimos de estrear.

 
 

martes, 19 de marzo de 2013

CONCERTO


 
Hoxe os nenos de 4 e 5 anos asistimos a un concerto no Palacio da Ópera "Los colores de las cuerdas" a cargo do grupo Arco Iris formado por 3 violíns, 1 violonchelo, 1 viola e 1 contrabajo. Estivemos moi atentos e participamos cando era preciso. Foi realmente divertido achegarse deste xeito á música!!!

 
O VINDEIRO SÁBADO 23 ÁS 12:00 TERÁ LUGAR O CORRESPONDENTE CONCERTO EN FAMILIA, SE QUEREDES REPETIR A EXPERIENCIA COS VOSOS FILL@S.

jueves, 14 de marzo de 2013

CONTACONTOS

Hoxe Iago apareceu no cole para contarnos uns contos moi divertidos dunha vaca, Linda, que non podía durmir e facía un montón de cousas para conseguilo. Os libros "Linda, á espreita" e  "Josefina no podía dormir" están na biblioteca do cole.
Todos estivemos moi atentos ao que contaba e participamos activamente na historia. Gustounos moito, GRACIAS!!



viernes, 8 de marzo de 2013

Visita ao Acuario

Os nen@s de 3 anos visitamos o Acuario Finisterrae. Estabamos moi nerviosos porque esta era a  primeira saída do cole e mesmo ir no autobús (e ser quen de poñer o cinto de seguridade) foi toda unha aventura.

Nesta ocasión acompañáronos as profes Mª Carmen, Elvira, Isabel, Mila e Mónica.











Portámonos moi ben e atendemos moito ao que nos foi contando a monitora do Acuario.
Vimos distintos tipos de peixes, pulpos, anémonas, etc. 
Obsevamos e tocamos estrelas de mar e vimos cantos pés teñen para desprazarse,... son moitísimos!









 
Medramos tanto dende o inicio de curso que xa non tivemos medo da escuridade do Nautilus nen ao seu famoso tiburón touro. 


Gastón veunos ver varias veces mentras cantabamos a súa canción.
As paredes cambiaban de cor, parecía maxia...

Non poidemos ir ver as focas porque chovía moito pero aínda así pasámolo moi ben.


jueves, 28 de febrero de 2013

VISITA A BONILLA

Os alumnos de 5 anos visitaron onte a fábrica de "Bonilla a la vista" na que comprobaron como se elaboran as patacas fritas.
Foi moi interesante e aprenderon moito!


viernes, 22 de febrero de 2013

Oficios

A nai de Alba, Vero, é profe de escola infantil e nos explicou moitas cousas que ensinan aos pequerrechos, como os coidan , ... Tróuxonos unha caixa máxica con diferentes texturas e fíxomos unha manualidade moi divertida: un ratiño marioneta que levamos para a casa.
















Yolanda, nai de Rafa, explicounos o que ensina á xente que quere aprender a conducir e sacar o carné porque ela é profesora de autoescola. Xa todos queremos conducir de verdade ...

 














Agora toca o turno de Lidia, nai de Noa, que nos explicou aos de 4 anos B o seu traballo de enfermeira: coida dos enfermos, da mediciñas, pon vendaxes, toma a tensión e ausculta, ... Traballa en quirófano e leva pixama e gorro verde. Todos tiñamos moito que contar polas experiencias propias ou cercanas. Desfrutamos manipulando o fonendo e o tensiómetro que nos trouxo.













Xa comezamos a visitas de pais e nais ás aulas de 4 anos para contarnos como son os seus traballos. Onte na aula de 4 anos A estivo Irene, nai de Antía, que é farmacéutica e nos contou cousas interesantes que ocorren na farmacia, cousas que se venden, fórmulas que fan para que a xente estea ben coidada, ...

 
 

Na aula de 4 anos B Hadrián, pai de Ernesto, explicounos o seu traballo de enxeñeiro no que ten que usar moito a súa "cabeza" para pensar como facer as cousas, por iso amosou o seu casco co que ten que ir ás obras, e que o que máis lle gusta é facer pontes, trouxo un libro con fotos moi chulas de un montón de pontes famosas.



Aprendimos moitas cousas e gustounos moito ter na clase aos papis.
A ver se se anima alguén máis!!!!!

Ahí deixamos un par de enlaces interesantes sobre das profesións:

Locos bajitos


Tic infantil