miércoles, 8 de febrero de 2012

PREPARANDO A CHEGADA DO ENTROIDO ...





    Como xa sabedes os nen@s das aulas de 3 anos estamos a traballar o conto de "A RATIÑA PRESUMIDA". Aproveitamos este conto tradicional para coñecer moitos animais domésticos, palabras novas, a cor azul, o triángulo, os trazos cruzados, o tempo de inverno e moitas cousas máis. Estamos disfrutando moito e, como xa queda pouco para que chegue o entroido, as nosas profes teñen intención de disfrazarnos a tod@s de RATOS e RATIÑAS polo que estamos confeccionando nas clases os nosos propios disfraces, xa vos iremos informando. Podedes escoitar o ritmo co que imos desfilar no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=WmCRYc_kgT0
     Todo infantil disfrazarémonos co nexo común do tema dos contos: os nen@s de 4 anos irán de PIRATAS coma o do conto "O PIRATA PATA DE LATA", mentres que os de 5 anos irán de GATOS porque traballan o conto "O GATO CON BOTAS".
                                             ¡Vamos estar guapísim@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!