viernes, 21 de junio de 2013

ÚLTIMO DÍA ....

Así non hai quen quera marchar de vacacións!! Con tanta diversión e festa é duro deixar o cole, así que moitos seguro que a vindeira semana preguntarán polo cole ou polos compañeiros. Hoxe tivemos unha xornada verdadeiramente especial na que fixemos un montón de actividades diversas.
A xincana de xogos foi todo un éxito: todos os alumnos do cole xogando no patio á vez e ordenadamente. As festas nas aulas moi emotivas, cheas de baile, risas e devorando todas as larpeiradas que trouxemos  (non comerían moito na casa, non?). E o patio encheuse de cor coas tizas, as maquillaxes e os globos de cores. Así que non faltou de nada, foi unha festa redonda!!!! Queda un bo sabor de boca para voltar o 11 de setembro.

 

jueves, 20 de junio de 2013

Our picnic...

 
 Como Cookie, Lulu y Densel, los niñ@s de 5 años disfrutamos de nuestro picnic durante la última clase de inglés del curso.




No fue gran cosa, porque como de costumbre en este curso, la lluvia nos impidió hacer la fiesta en el campo.






 
Hicimos unas "chocolate biscuits" buenísimas y tomamos "peach or pineaple juice". Saltamos, jugamos y bailamos.
Os echaremos de menos...¡Buena suerte a todos!  
 






miércoles, 19 de junio de 2013

FIN DO CURSO 2012-13

O vindeiro venres rematamos este curso escolar. Ao longo da mañá teremos unha xincana de xogos nos que participarán todos os alumn@s do cole, a de infantil constará de xogos tradicionais coma o pasemisi, a pañuelo, encestar, paloma blanca-paloma negra, carreiras e os birlos. Pasaremos por cada un dos xogos ata rematar no patio de infantil para seguir coa festa todos xuntos. Posteriormente cada clase terá a súa "despedida" na que haberá baile e degustación de lambetadas varias aportadas entre todos para compartir. A diversión está asegurada despois dun curso no que temos traballado abondo.
Podedes pasar a recoller os nen@s ás aulas onde nos desexaremos que todos podamos disfrutar de un bo verán! 
 

MENSAXE A PAPÁ E MAMÁ ...

Actividades moi recomendables para este verán .... e para todas as estacións do ano!

  • deixádeme xogar moito e xogade comigo, se podedes
  • esixídeme que recolla as miñas cousas
  • falade moito comigo e escoitademe
  • contádeme moitos contos e cantádeme cancións
  • non me regaledes só xoguetes, senon tamén libros
  • valorade os meus traballos
  • deixádeme vestir e espir só sempre que sexa posible
  • dexádeme colaborar nos traballos da casa
  • facédeme seguir un horario ordeado de alimentación, sono e hixiene
Non é nada novo, pero non está de máis lembralo de cando en vez .....

viernes, 7 de junio de 2013

RELAXÁNDONOS ....

Na clase de psicomotricidade de 4 anos B, hoxe tivemos unha sesión de Ioga na que dúas profes desta disciplina, xunto coa profe Mila,  nos ensinaron exercicios de estiramentos e relaxación. A través dun conto que xa coñeciamos,  "A QUE SABE A LÚA?", realizamos exercicios posturais imitando aos diferentes animais protagonistas, imaxinamos estar nunha illa do tesouro, bailamos ao ritmo da música, ...
Foi unha actividade moi divertida e enriquecedora na que, case todos, participamos con entusiasmo. Marta e Alex marcharon moi contentas!






RISAS CON ANXO MOURE :)

Hai uns días tivemos unha visita que nos fixo rir a gargalladas, mirade no blog da biblioteca se queredes ver o ben que o pasamos ....