miércoles, 19 de junio de 2013

FIN DO CURSO 2012-13

O vindeiro venres rematamos este curso escolar. Ao longo da mañá teremos unha xincana de xogos nos que participarán todos os alumn@s do cole, a de infantil constará de xogos tradicionais coma o pasemisi, a pañuelo, encestar, paloma blanca-paloma negra, carreiras e os birlos. Pasaremos por cada un dos xogos ata rematar no patio de infantil para seguir coa festa todos xuntos. Posteriormente cada clase terá a súa "despedida" na que haberá baile e degustación de lambetadas varias aportadas entre todos para compartir. A diversión está asegurada despois dun curso no que temos traballado abondo.
Podedes pasar a recoller os nen@s ás aulas onde nos desexaremos que todos podamos disfrutar de un bo verán! 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!