viernes, 21 de junio de 2013

ÚLTIMO DÍA ....

Así non hai quen quera marchar de vacacións!! Con tanta diversión e festa é duro deixar o cole, así que moitos seguro que a vindeira semana preguntarán polo cole ou polos compañeiros. Hoxe tivemos unha xornada verdadeiramente especial na que fixemos un montón de actividades diversas.
A xincana de xogos foi todo un éxito: todos os alumnos do cole xogando no patio á vez e ordenadamente. As festas nas aulas moi emotivas, cheas de baile, risas e devorando todas as larpeiradas que trouxemos  (non comerían moito na casa, non?). E o patio encheuse de cor coas tizas, as maquillaxes e os globos de cores. Así que non faltou de nada, foi unha festa redonda!!!! Queda un bo sabor de boca para voltar o 11 de setembro.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!