miércoles, 26 de noviembre de 2014

EN 3 TRABALLAMOS O NOSO NOME

Un dos aspectos que se traballa na educación infantil é a LECTOESCRITURA. Existen moitísimos e diversos enfoques para facelo, aínda que as últimas tendencias van encamiñadas cara unha aprendizaxe o máis natural  e significativa para o neno/a posible. Por iso o traballo cos propios nomes dos alumnos/as da clase. É moi interesante polo cercano que lles resulta dende o primeiro momento.
En principio traballamos coa grafía maiúscula, pasamos logo ao traballo coa letra minúscula enlazada, para logo complicalo xa cos seus apelidos.

En 3 anos estamos a realizar xa actividades de lectoescritura cos nomes coma:
- o encargado do día fai a lectura dos nomes dos compañeiros para pasar lista
- cada un escribe o seu nome nas fichas realizadas (na medida das súas posibilidades)
- repasamos os nomes propios e dos compañeiros de mesa
- observamos entre todos algunhas características dos nomes: os que son iguais, o máis longo, o máis curto, os que teñen a letra "A" ou "O", os que comezan pola mesma letra, ...
- dar palmas segundo os golpes de voz que emitimos ao dicir cada un dos nomes
- ver o nome escrito con diferentes tipos de letra

Cada neno/a ten o seu ritmo e vai evolucionando segundo o seu nivel madurativo, pero todos/as pasan unhas fases ata conseguir escribir o seu nome "correctamente". En cada fase o neno/a valora o que plasma coma escritura do seu nome, aínda que un adulto non o identifique. Polo tanto é moi importante  non desmerecelo: dende unha simple liña, formas sen xeito, letras soltas sen sentido, ás vocais do propio nome ou a todas as letras pero "desordenadas", .... acabará escribíndoo!

Unha das actividades nas que vos pedimos colaboración é na lectura con eles na casa do "LIBRO DOS NOMES" que levarán proximamente. É un libro no que está a foto e o nome de cada neno/a, será divertido míralo con eles! Irá pasando por todas as vosas casas ao longo do curso.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!