Esta mañá foi moi festiva no noso cole pola celebración do magosto. Dende primeira hora estivo o lume prendido para manter as brasas e poder asar as castañas que tiñades traído. De 10 a 11 tocounos o turno de xogos no patio aos de infantil, que fomos pasando de xogo en xogo para rematar recollendo unhas poucas castañas en cadanseu cestiño que comemos todos xuntos no noso patio cuberto. Estaban ricas, ricas.
Gracias á climatoloxía e á colaboración de moitos profes, todo saíu de marabilla! Ahí vai a proba:
|
3 anos A xogando á castaña pasou por aquí |
|
3 anos B xogando aos birlos |
|
4 anos A xogando a castaña crúa, castaña asada
|
|
4 anos B xogando a encestar a castaña
|
|
5 anos A xogando a onde está a castaña? |
|
5 anos B xogando ás carreiras de castañas
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!