viernes, 25 de septiembre de 2015

REMATE ADAPTACIÓN

Este venres remata o período de adaptación para os nen@s de 3 anos. A partires do vindeiro luns 28 de setembro incorporaranse ao horario habitual do centro: de 9 a 13:50h. Rogamos puntualidade.

Lembren que a saída dos alumn@s realizase gradualmente para evitar aglomeracións nos corredores e non interferir na recollida dos inmáns maiores.
Non esquezan mandarlles algo de merendar a media mañá.
A maioría dos nen@s disfrutan do seu tempo no cole e chaman xa "amig@s" a algúns dos seus compañeir@s . Pero que remate o horario flexible non significa que non poida haber algúns "retrocesos" incluso nos casos aparentemente mellor adaptados. 
Temos que ser pacientes...

Esta foi unha semana moi intensa:

Iniciáronse nas rutinas e normas da clase...


Houbo xogos, contos e baile...


 

Debuxaron e pintaron...






miércoles, 23 de septiembre de 2015

MASCOTA DE 5 ANOS

Os maiores, os de 5, estamos a traballar o tema do cole e as profesións. Seguro que estamos a facer preguntas na casa!
Xa temos mascota nova, para este curso, chámase TUYO.

martes, 22 de septiembre de 2015

LETRILANDIA

Os de 4 xa estamos a coñecer persoaxes do país das letras que nos axudarán na nosa tarefa cara á lectoescritura.

Nas nosas aulas apareceu o rei U que vive no castelo xunto coa súa familia. Pouco a pouco iremos coñecendo a moitos máis ... estamos desexándoo!

Seguro que na casa xa tedes escoitado a súa melodía ...


jueves, 17 de septiembre de 2015

PRIMEIROS TRABALLOS

Esta semana os nen@s de 3 anos fixeron xa os primeiros traballos con pintura de
dedos, rotulador e pincel. 

Disfrtutaron moito!!






A próxima semana iníciase a recta final do período de adaptación: estarán na escola de 9 a 12:30h, xuntaranse os dous turnos, terán que afacerse a nov@s compañeir@s e as rutinas da clase...

Xa queda menos!

lunes, 14 de septiembre de 2015

SAIDA AO PATIO

Qué ben nos estamos adaptando ao cole!!!
Xa somos quen de saír cos compañeiros da outra clase ao patio. O tobogán é o xogo que mais gusta pero tamén empeza a haber futbolistas. 
Aquí vai unha mostra do ben que o pasamos.







viernes, 11 de septiembre de 2015

ADAPTACIÓN

Por fin ao cole!!!!
Hoxe os nen@s de 3 anos comezaron o período de adaptación. Foi pouco tempo pero suficiente para  coñecer as profes e algúns dos seus novos compañeir@s. 
Aquí podedes ver que algúns dos momentos deste día ...


 










 



jueves, 10 de septiembre de 2015

PRIMEIRO DÍA

Despois de unha chea de nervios, moitas ganas e un pouquiño de emoción chegou o esperado día da volta ao cole.
Os de 4 e 5, que xa somos veteráns, desfrutamos de novo dos compañeiros e das profes, tiñamos ganas de vernos! Foi un día especial para todo/as.




 






martes, 8 de septiembre de 2015

COMEZAN AS CLASES!

Xa está casi todo listo para recibir aos nosos alumno/as como merecen. As profes estamos a colocar as aulas, adecentalas, facer as programacións do curso, elaborar horarios e demais tarefas.
Os alumnos de 3 anos comezan o seu período de adaptación ao cole co seu horario progresivo.
Os de 4 anos poden vir o 1º día un pouquiño menos de tempo: entrar ás 9 ou 10 e sair á 1 ou 2.
Os de 5 (que xa están no edificio de primaria) terán horario completo de 9 a 2.
Lembrade que todo infantil sae ao remate da xornada un pouco antes que primaria para evitar atropelos polos corredores (ao longo de todo o curso).
O xoves día 10 vémonos polo cole!

lunes, 7 de septiembre de 2015

PROFES DE INFANTIL

A relación de profes que estarán cos vosos fillo/as ao longo deste curso son:

3 anos A: Mª Carmen
3 anos B: María
4 anos A: Estrella
4 anos B: Rosa
5 anos A: Marisol
5 anos B: Teresa
Apoio en 3 anos e 5 B: Isa
Apoio en 4 anos e 5A: Mila
Música: Alfredo
Relixión: Ana
Audición e linguaxe (os neno/as que o precisan): Ofelia
Pedagoxía terapéutica (os neno/as que o precisan): Ángeles

As profes de apoio encárganse de impartir psicomotricidade, inglés, informática e algunhas sesións de apoio dentro da propia aula.


martes, 1 de septiembre de 2015

CURSO 2015/ 2016

Benvido/as a un novo curso escolar.
Lembramos que o vindeiro venres día 4 de setembro ás 10´30 teremos as reunións de infantil coas titoras correspondentes: 3 anos, 4 anos e 5 anos, nas aulas correspondentes.
De ser posible, pedímosvos que traiades xa o material e libros metidos nunha bolsa co nome do neno/a escrito por fóra visiblemente.
Ata entón!