viernes, 25 de septiembre de 2015

REMATE ADAPTACIÓN

Este venres remata o período de adaptación para os nen@s de 3 anos. A partires do vindeiro luns 28 de setembro incorporaranse ao horario habitual do centro: de 9 a 13:50h. Rogamos puntualidade.

Lembren que a saída dos alumn@s realizase gradualmente para evitar aglomeracións nos corredores e non interferir na recollida dos inmáns maiores.
Non esquezan mandarlles algo de merendar a media mañá.
A maioría dos nen@s disfrutan do seu tempo no cole e chaman xa "amig@s" a algúns dos seus compañeir@s . Pero que remate o horario flexible non significa que non poida haber algúns "retrocesos" incluso nos casos aparentemente mellor adaptados. 
Temos que ser pacientes...

Esta foi unha semana moi intensa:

Iniciáronse nas rutinas e normas da clase...


Houbo xogos, contos e baile...


 

Debuxaron e pintaron...






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!