martes, 8 de septiembre de 2015

COMEZAN AS CLASES!

Xa está casi todo listo para recibir aos nosos alumno/as como merecen. As profes estamos a colocar as aulas, adecentalas, facer as programacións do curso, elaborar horarios e demais tarefas.
Os alumnos de 3 anos comezan o seu período de adaptación ao cole co seu horario progresivo.
Os de 4 anos poden vir o 1º día un pouquiño menos de tempo: entrar ás 9 ou 10 e sair á 1 ou 2.
Os de 5 (que xa están no edificio de primaria) terán horario completo de 9 a 2.
Lembrade que todo infantil sae ao remate da xornada un pouco antes que primaria para evitar atropelos polos corredores (ao longo de todo o curso).
O xoves día 10 vémonos polo cole!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!