lunes, 9 de enero de 2017

ESTREAMOS ANO E MÁIS...

Benvidos a este novo ano que no Wences estreamos con novidades.

A primeira sorpresa atopámola nada máis entrar. os Reis Magos tamén pasaron polo cole e acordáronse de todos nós: colchonetas, libros, xoguetes... un montón de agasaios cos que o pasaremos moi ben!



Agasaios Reis 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Aproveitamos para contarvos máis novidades que trae este 2017.

Por un lado, despedímonos da profe Katia, a profe de prácticas que acompañou no primeiro trimestre aos peques de 3 anos B. Moita sorte Katia, e ata cando queiras!!

Por outra banda, recibímos de novo a profe Teresa, que xa está totalmente recuperada e coas pilas ben cargadiñas, e ao profe Rubén que substituirá á profe Ana. Benvidos!!

FELIZ ANO A TODOS E A POLO 2017!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!