miércoles, 20 de diciembre de 2017

Cantos traballiños do Nadal!!

Nestes días de panxoliñas, bailes, cartas para os Reis ou Papá Noel, tamén tivemos tempo para facer moitos traballiños chulos, chulos!!

Mirade que artístas!!!

Os peques de 3 anos prepararon estes renos tan chulos para que Papá Noel non teña problemas para chegar a ningún recuncho:



E tamén estes "snowmans" coa profe Isa. Como vedes todo con material de refugallo e moita imaxinación:


Os de 4 anos tamén traballaron moito para facer estes sobres tan simpáticos. Que esconderán no interior??  E coa profe Cloti tamén fixemos estes "christmas trees" tan naturais. Moi chulos, verdade?



Os maiores de infantil puxéronse mans a obra para decorar estas botas que como vedes quedaron estupendas!! Pero como son os maiores, eso nótase e deulles tempo para facer máis cousiñas súper chulas!! Na clase de inglés Cloti propúxolles facer o seu "reindeer", con eles os agasaios de Papá Noel chegarán seguro!!

E por suposto as impresionantes árbores de Nadal que fixemos coa vosa axuda!!






2 comentarios:

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!